03/01/26

 


SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

LUME DE J.L.BAÑOS DE COS





A sesión foi unha sesión conxunta do club dos pequenos e dos maiores, levada pola profesora de Lingua e Literatura galegas: Beatriz Varandas.
Aparte de falar da obra de teatro e de dar boa conta dun pastel, o alumnado puso en escena algúns dos actos da obra.








 


PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS MAIORES

O CORAZÓN DE BRANCA DE NEVE DE FRANCISCO CASTRO



É unha novela policial e de suspense que conta a historia do inspector Hermida que investiga a desaparición dunha bebé robada a unha rapaza inmigrante.
A sesión foi levada pola profesora de francés e coordinadora do club de lectura Mer Pérez.








 


PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA  DOS PEQUENOS

PALABRAS DE CARAMELO DE GONXALO MOURE





Nesta ocasión reunímonos para falarmos de Kori, un neno xordo e poeta que vive nun asentamento saharaui.

 Gustou o libro por contar a historia dun neno que vive nun mundo tan diferente ao noso. 

César de 2 ESO explicounos moi ben a situación xeo-política dos campamentos.

 Falamos dos  personaxes, da historia e para rematar traballamos en grupos. Elaboramos un pequeno léxico saharaui, escribimos as palabras clave do libro noutras linguas e noutas linguaxes e elaboramos uns acrósticos co nome dos dous protagonistas da nosa historia: Caramelo e Kori.

A sesión foi levada pola profesora de francés e coordinadora do club de lectura Mer Pérez.











13/07/25

 


SAÍDA FIN DE CURSO 


Para celebrar o final deste curso escolar ,o alumnado dos clubs de lectura e do club de manga, pasamos unha xornada moi agradable. Collimos o barco ata Cangas e logo fixemos a andaina ata Limens, onde almorzamos e poidemos desfrutar un rato do baño e do sol.


























31/05/25





 


XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA


Neste mes de maio tiveron lugar no Pazo de Congresos de Santiago as Xornadas dos clubs de lectura. Asistiu a coordinadora dos clubs: Mer Pérez.

Houbo como sempre algunhas propostas moi interesantes, como foi a charla coa autora e Premio Nacional de Teatro2024: Paula Carballeira,   que tamén tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca o ano pasado.






A conversa arredor da dinamización de clubs de lectura tamén resultou moi instructiva.













 


SESIÓN CONXUNTA DOS CLUBS DE LECTURA







Para rematar as sesións dos clubs deste ano, xuntámonos os dous clubs de lectura do instituto para comentar xuntos dúas obras: Morder la manzana de Leticia Dolera e Todos teríamos que ser feministas de Chimamanda Ngozi

A sesión foi levada pola profesora de Historia:  Ana Álvarez acompañada do alumnado do Comando Igualdade.





27/04/25

 


A PEL DO MUNDO  de  BERTA DÁVILA




Este mes os participantes co club de lectura dos pequenos tamén leron poesía.

Con este poemario, a autora percorre diferentes países de Europa, Asia, África para coñecer outras culturas ou falar do sufrimento dos nenos.

O alumnado escolleu un poema para recitar e falar del.

Rematamos facendo un mapamundi dos diferentes poemas

















 

CALIDOSCOPIO DE  CONCHI DA SILVA









Este mes os participantes do club de lectura dos maiores leron poesia.

Tivemos a sorte de contar coa autora,Conchi da Silva para esta sesión , levada pola profesora de Lingua e literatura galega: Beatriz Varandas.

Os alumnos leron algunhas das poesias, as que máis lle gustaron, a autora contou como xurdira a idea deste libro e recitou tamén algún poema. 

Para terminar tres alumnas de 1º de Bach artístico, teatralizaron un dos poemas.