24/04/08

Día das Letras Galegas

Este ano o "Día das Letras Galegas" está dedicado a Xose María Álvarez Blázquez.





John Boyne

No mes de outubro a editorial Salamandra publicará "Bounty", última novela de John Boyne autor tamén de "O neno do pixama a raias".

Nela revisa o lendario motín náutico da Bounty, intercambiando os papeis do heroe e o vilán.
Ata agora, nas distintas versións que se levaron ao cine, ao capitan William Bligh tívoselle por un tirano sanguinario, mentres que ao oficial Fletcher Christian tívoselle por un valente que se lle opuxo e que, ademais, encabezou a rebelión a bordo da Bounty o 28 de Abril, no Pacífico.

Juan Gelman


Premio Cervantes 2007.

Naceu en Bos Aires o 3 de maio de 1930.

Poeta e xornalista arxentino foi un dos fundadores do grupo de poetas "O pan duro" integrado por xoves militantes comunistas que propoñían unha poesía comprometida e popular.
É considerado por moitos como un dous máis grandes poetas contemporáneos, cunha linguaxe transcendente, xa sexa a través do "realismo crítico" ou do intimismo.

A ditadura arxentina impúxolle en 1976 o exilio.

Recibiu o 23 de Abril do 2008 o Premio Cervantes en Alcala de Henares coa lectura do seu discurso: "Pero aí está a poesía: de pe contra a morte"


Algunhas publicacións:
"Violín y otras cuestiones" 1956
"El juego en que andamos" 1959.
"Velorio del solo" 1961.
"Valer la pena" 2001.
"País que fue será" 2004
"Mundar" 2007


CARTA ABIERTA A MI NIETO
(fragmento)

Me resulta muy extraño hablarte de mis hijos como tus padres que no fueron. No sé si sos varón o mujer. Sé que naciste...
Ahora tenés casi la edad de tus padres cuando los mataron y pronto serás mayor que ellos. Ellos se quedaron en los 20 años para siempre. Soñaban mucho con vos y con un mundo más habitable para vos. Me gustaría hablarte de ellos y que me hables de vos. Para reconocer en vos a mi hijo y para que reconozcas en mí lo que de tu padre tengo: los dos somos huérfanos de él. Para reparar de algún modo ese corte brutal o silencio que en la carne de la familia perpetró la dictadura militar. Para darte tu historia, no para apartarte de lo que no te quieras apartar. Ya sos grande, dije.

Día do libro

23 de Abril.
Conmemórase "O Día Internacional do Libro" coincidindo cunha campaña da Consellería de Cultura co lema "Máis libros, máis libres" e máis coa celebración do "I Día do Científico Galego", adicado nesta primeira edición á memoria do matemático Enrique Vidal Abascal.

A campaña "Máis libros, máis libres" comezou cun fondo de 1,1 millóns de euros, coa idea de sumar lectores e ampliar as plataformas de transmisión.

Tambien se conmemora o 392 aniversario da morte de William Shakespeare e de Miguel de Cervantes.

Tedes moita información en: prazadasletras.org

06/04/08

Ollos de auga. Encontro con Domingo Villar

Iniciamos este mes dos libros coa visita de Domingo Villar, autor de Ollos de auga, a novela que foi libro do mes no noso concurso do primeiro trimestre. Domingo é un moi bo comunicador ó que escoitamos con agrado. Contounos o proceso vital que o levou a escribir esta novela e, con moita modestia e humildade, falounos do éxito da obra, traducida a varios idiomas. Deixou para o turno de preguntas o falar da obra mesma, cousa que o alumnado agradeceu, pois así foinos desvelando, a golpe de resposta, aspectos da trama, dos personaxes, da paisaxe, etc., que a todos nos chamaran a atención: a tristura de Leo Caldas, a relación coa súa ex muller, a visión que se ten dos galegos dende fora, os lugares de Vigo ou do Morrazo, os métodos do asasino... Contounos algo do que vai ser o próximo caso de Leo Caldas, que, en palabras do autor, sairá cando estea para saír. Todos os que lemos este libro estámoslle agradecidos a Domingo por esta xornada que abre dun xeito espectacular as actividades deste mes dos libros. Ademáis tivo que botar algún tempo de máis ante a avalancha de libros que tivo que asinar, sendo xeneroso tamén neste aspecto, pois non so asinou, senón que escribiu unhas mensaxes personalizadas en cada un dos libros.
A biblioteca, o club de lectura e as compañeiras de galego Marisa e Carmen agradecemos de volta este día de festa para as nosas letras.