27/11/08

As nosas seguintes lecturas


Para o mes de Decembro, vacacións incluídas, decidimos propoñer dúas lecturas distintas. A obra literaria proposta por nós é O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, premio nacional de literatura infantil e xuvenil e anteriormente galardonado co premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil. Trátase dun libro de relatos que teñen un eixe común: o amor. Ademáis, xa vos adianto que esperamos contar co autor na nosa biblio.




A outra proposta de lectura para este vindeiro mes é El pequeño gran libro de la ignorancia, un libro que xa tivo certo éxito entre o alumnado de terceiro. Neste libro , John Lloyd (creador do concurso británico Quite Interesting) plantéxanos 200 preguntas relacionadas coa ciencia e a vida e 200 sorprendentes respostas. Como un Sócrates moderno fainos preguntas cuxas respostas acaban demostrando que só sabemos que non sabemos nada.




Quedamos en que cadaquén escollería unha das dúas, pero seguro que haberá quen se atreva con ambas.

17/11/08

Motín a bordo

Hoxe tivemos a nosa primeira sesión presencial do club de lectura e producíuse un motín. Xuntámonos ao redor do libro Motín en la Bounty e os amotinados do club de lectura COMEMOS NA BIBLIOTECA a mediodía, mentras falamos do libro e agardabamos polas clases da tarde. Toda unha experiencia. Démoslle unha volta ao mundo cun bocado na boca mentras atendiamos ás aclaracións xeográficas de Ricardo. Revisamos o puritanismo inglés do XVIII levantando un cacho de tortilla. Cadaquén escolleu o seu personaxe favorito da novela e, curiosamente, so un escolleu ao protagonista. Falouse de honor, de clases sociais, de lealdade, de esforzo, de historia, de sexo... E ademáis tivemos a compañía de Iris, a nosa ex alumna, que non quixo perderse esta sesión do que foi (e é) o seu club. Agora espero os vosos post ou comentarios, todo o malo era empezar.
Por certo, estrenamos a nova sala de lectura informal (poño unha foto polo medio a ver que vos parece)



10/11/08

Piratas polo Miño

Piratas polo Miño, de Xosé Miranda (colección Catavento, Tambre, 2006), é un libro de versos para as mozas e mozos que algunha vez soñaron ser piratas e atopar tesouros.

Imaxina que te secuestra un barco pirata e que acabas sendo un membro máis da sinistra tripulación...

Imaxina que percorres os sete mares na procura de tesouros...

Imaxina que avistas baleas, rorcuais, cachalotes...

Imaxina as historias que che poden contar os teus compañeiros de viaxe...

Imaxina que te namoras nunha abordaxe...


Os que non dominen a arte de navegar pola poesía e poidan naufragar a causa dos "perigos" da linguaxe poética teñen á súa disposición este glosario de termos que lles facilitará bastante a lectura.


GLOSARIO (por orde de aparición)

Esta reseña e glosario foron elaborados por Cristina, profe de galego.

02/11/08

Reseñas de Crepúsculo

Aconsello que visitedes a reseña que se fai no blog amigo biblioafonso. Alí atoparedes información sobre os catro libros desta saga de Stephanie Meyer.

31/10/08

Motín en la Bounty



Estamos de volta. O noso club incrementouse coa incorporación de Nico, Yago, Alex, alejandro, Adrián, Marta, Inés, Paloma, Lúa e Germán, que se unen aos do curso pasado. Dende mediados de outubro os compoñentes do club estamos a ler a nova obra de John Boyne, da que xa dabamos noticia nun post de fai meses. Polas primeiras noticias que nos chegan unicamente podemos dicir que está a gustar bastante. Non queremos comentar nada antes da nosa primeira sesión, pero para os que non pertencedes ao club si que podemos dicirvos que trata sobre a particular visión que o grumete Turnstile, de 14 anos, tén sobre o motín máis famoso da historia: o que tivo lugar na fragata HMS Bounty contra o seu capitán William Bligh.


21/06/08

Valoración do ano.

Co inminente remate deste curso, crín convinte facer unha pequena valoración máis ou menos persoal do que resultou o Club de Lectura este ano.
E convido a todos a facer o mesmo.
Sen dubida algunha, o Club de lectura foi unha das millores creacións da biblioteca.
Como saberedes eu non fun dos primeiros en unirme, quizais sexa algo do que me arrepinto, pero o feito de estar en contacto constante cos membros de Club fixeronme ver que a idea era boa, e uninme.
Sen dúbida un gran acerto.
Sendo xa membro oficial, coñecin a unha serie de persoas que de outro xeito non chegaría a coñecer, e iso é unha das principais cousas que lle agradezo.
Logo teño que dicir que, falando xa un pouco por todos, tivemos a oportunidade de coñecer a 3 escritores e falar con eles, cantas veces se ten a oportunidade de falar cun escritor?
A ruta de Rosalía foi sen dubida a xoia da coroa deste ano, visitar todos eses lugares vinculados a escritora e ler poemas, simplemente xenial.
Prao ano unirase máis xente, cos que xa tivemos ocasión de estar o outro día, aínda que sempre botaremos de menos aos compañeiros e compañeiras de 2º de Bach que nos deixan este ano. Agardo que lles vaia moi ben.
O ano que ben tentaremos millorar este, cousa difícil.
E seguiremos obrigando aos periodicos a sacar fotos miñas! E dos demais tamén, non vos enfadedes.
Veña agardo as vosas valoracións.
Deica o ano que ben!

Pensado e escrito por Pablo.

19/06/08

Pechamos por vacacións

O noso club chegou ó fin de curso. Foi un ano moi interesante para este coordinador do club. É case a primeira vez que teño que scribir no blog, e só quero facelo para dar as grazas a todos e todas , que participastes de maneira tan xenerosa nesta aventura que vai deixar semente para o futuro: Sabede que temos xente facendo a pretemporada e están dispostos/as a subir ó primeiro equipo. Para o próximo curso xogaremos na "Champion-li". Grazas Pablo e Juan por ser tan productivos. Grazas David e Cristina por engancharvos. Grazas Sole por ter voz independente. Grazas Laura e Juanma por non dicir que non. Grazas Pablo F. porque esperamos recuperarte para o ano. Grazas Laura S., xa van tres anos de lecturas e o que nos queda. Pero sobre todo, de corazón, grazas ós que estes días andades de selectividade: Jorge, a voz analítica, crítica e necesaria en toda tertulia; Helena, capaz de transmitirnos que se pode ler a Platón sen morrer no intento; Iris, esa artista que fai posts en inglés. E...SUPERTERESA... esperamos que te recuperes axiña, que para o ano querémoste incordiando nas tertulias, senón non terei quen me leve a contraria.
Non estivo mal para este primeiro ano. A que non?
Agora descanso e libros, que no próximo curso imos arrear.

21/05/08

"A CASA DOS LUCARIOS" de Teresa Moure (Monforte, 1969)
Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coa cociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máis para acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e soños dos que escorregan polas fendas de madeira. Despois, Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa acrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de pezas do enxoval.

LITERATURA GALEGA


- Fin de Siglo en Palestina de Miguel Anxo Murado (Lugo 1965).


En 1998, el escritor Miguel Anxo Murado fue a Palestina enviado por las Naciones Unidas. Permanecería allí cinco años en los que vivió toda clase de situaciones dramáticas y cómicas: desde representar a Palestina en una feria internacional de turismo e presenciar atentados y bombardeos pasando por ser el portavoz oficial durante la visita del Papa. Fin de siglo en Palestina es el relato autobiográfico de aquella experiencia personal en la paz y en la guerra, un relato auténtico, tierno, en parte trágico y e incluso a veces humorístico de la vida en un país lleno de color y violencia.

19/05/08

LIBRO DO MES DE MAIO: Viaxe ao centro da terra.

Novela de Jules Verne, publicada en 1864.


O profesor e xeólogo Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra comezando en Islandia guiado por un pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem. Acompáñano o seu sobriño Axel e o guía nativo Hans. Os tres entran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoico enterrado nas profundidades.

08/05/08

BOOK REVIEW: STORIES OF COURAGE (CLAIRE SWAIN)

STORIES OF COURAGE is a book which gathers a series of stories that talk about people who achieved great feats demanding great effort and courage.

Each chapter tells the story of a person. Every one of them is intense and amusing. Reading this book has been a brief but interesting experience.

Immersed in the book, I have been aware of the difficulties which all these people have been through: suffering, pain, despair... This helps me to understand how strength and courage can make a depressed, unfortunate person strong enough to carry on.

The questions that came up while I was reading STORIES OF COURAGE were: Would I be able to be so brave? Would I have put up with tortures and taken such difficult and important decisions for a human being as these people did?

The book gave me the answer: They were just normal people who were strong and firm in their decisions.

So, to sum up, I not only liked the book, but also it was easy reading and, above all, amusing and amazing.

IRIS DARRIBA QUESADA, 2º Bach. B

06/05/08

Ruta Rosalía

Un desafortunado imprevisto impediunos redactar isto con anterioridade.
O pasado mércores día 16, o club de lectura organizou a súa primeira saída. Escollemos a figura de Rosalía de Castro coma protagonista desta actividade.
Á excursión asistiron todos os membros do Club de Lectura agás Helena, que estaba triunfando na Olimpíada de Bioloxía, Jorge por motivos académicos (cousa de 2º de Bacharelato), e outros.Saímos do instituto as 9:30 da mañá e fomos primeiro a Santiago, onde visitamos a Catedral e logo o panteón de Galegos Ilustres, alí limos uns poemas de Rosalía diante da súa tumba e vimos o sepulcro de Castelao. A continuación paseamos pola alameda e voltamos ao bus. Seguimos o traxecto ata Ortoño, alí a Igrexa aínda conservaba a beleza coa que Rosalía se inspirara na súa infancia. Cerca estaba Bastabales, coa torre das campás que a poeta escoitaba dende Ortoño e que logo inmortalizou no súa famosa composición de campás de Bastavales.
En Padrón xantamos e gozamos duns momentos de relax e ledicia. Continuamos a traxectoria por un dos pazos que observamos dende lonxe. Finalmente chegamos a Casa da Matanza, onde morreu. Puidemos observar cadros, e diversas posesión que pertenceran a escritora. Xa fora, limos os poemas máis emotivos e Benigno, coa súa habitual torpeza, logrou sacar unha fotos de grupo. Antes de regresar ao instituto paramos no ceminterio de Adina, alí estivera enterrada.
Voltamos subir ao bus e xa regresamos sen ningunha pausa máis ao instituto.




Por: Pablo Carrera e Juan Carballo.

24/04/08

Día das Letras Galegas

Este ano o "Día das Letras Galegas" está dedicado a Xose María Álvarez Blázquez.





John Boyne

No mes de outubro a editorial Salamandra publicará "Bounty", última novela de John Boyne autor tamén de "O neno do pixama a raias".

Nela revisa o lendario motín náutico da Bounty, intercambiando os papeis do heroe e o vilán.
Ata agora, nas distintas versións que se levaron ao cine, ao capitan William Bligh tívoselle por un tirano sanguinario, mentres que ao oficial Fletcher Christian tívoselle por un valente que se lle opuxo e que, ademais, encabezou a rebelión a bordo da Bounty o 28 de Abril, no Pacífico.

Juan Gelman


Premio Cervantes 2007.

Naceu en Bos Aires o 3 de maio de 1930.

Poeta e xornalista arxentino foi un dos fundadores do grupo de poetas "O pan duro" integrado por xoves militantes comunistas que propoñían unha poesía comprometida e popular.
É considerado por moitos como un dous máis grandes poetas contemporáneos, cunha linguaxe transcendente, xa sexa a través do "realismo crítico" ou do intimismo.

A ditadura arxentina impúxolle en 1976 o exilio.

Recibiu o 23 de Abril do 2008 o Premio Cervantes en Alcala de Henares coa lectura do seu discurso: "Pero aí está a poesía: de pe contra a morte"


Algunhas publicacións:
"Violín y otras cuestiones" 1956
"El juego en que andamos" 1959.
"Velorio del solo" 1961.
"Valer la pena" 2001.
"País que fue será" 2004
"Mundar" 2007


CARTA ABIERTA A MI NIETO
(fragmento)

Me resulta muy extraño hablarte de mis hijos como tus padres que no fueron. No sé si sos varón o mujer. Sé que naciste...
Ahora tenés casi la edad de tus padres cuando los mataron y pronto serás mayor que ellos. Ellos se quedaron en los 20 años para siempre. Soñaban mucho con vos y con un mundo más habitable para vos. Me gustaría hablarte de ellos y que me hables de vos. Para reconocer en vos a mi hijo y para que reconozcas en mí lo que de tu padre tengo: los dos somos huérfanos de él. Para reparar de algún modo ese corte brutal o silencio que en la carne de la familia perpetró la dictadura militar. Para darte tu historia, no para apartarte de lo que no te quieras apartar. Ya sos grande, dije.

Día do libro

23 de Abril.
Conmemórase "O Día Internacional do Libro" coincidindo cunha campaña da Consellería de Cultura co lema "Máis libros, máis libres" e máis coa celebración do "I Día do Científico Galego", adicado nesta primeira edición á memoria do matemático Enrique Vidal Abascal.

A campaña "Máis libros, máis libres" comezou cun fondo de 1,1 millóns de euros, coa idea de sumar lectores e ampliar as plataformas de transmisión.

Tambien se conmemora o 392 aniversario da morte de William Shakespeare e de Miguel de Cervantes.

Tedes moita información en: prazadasletras.org

06/04/08

Ollos de auga. Encontro con Domingo Villar

Iniciamos este mes dos libros coa visita de Domingo Villar, autor de Ollos de auga, a novela que foi libro do mes no noso concurso do primeiro trimestre. Domingo é un moi bo comunicador ó que escoitamos con agrado. Contounos o proceso vital que o levou a escribir esta novela e, con moita modestia e humildade, falounos do éxito da obra, traducida a varios idiomas. Deixou para o turno de preguntas o falar da obra mesma, cousa que o alumnado agradeceu, pois así foinos desvelando, a golpe de resposta, aspectos da trama, dos personaxes, da paisaxe, etc., que a todos nos chamaran a atención: a tristura de Leo Caldas, a relación coa súa ex muller, a visión que se ten dos galegos dende fora, os lugares de Vigo ou do Morrazo, os métodos do asasino... Contounos algo do que vai ser o próximo caso de Leo Caldas, que, en palabras do autor, sairá cando estea para saír. Todos os que lemos este libro estámoslle agradecidos a Domingo por esta xornada que abre dun xeito espectacular as actividades deste mes dos libros. Ademáis tivo que botar algún tempo de máis ante a avalancha de libros que tivo que asinar, sendo xeneroso tamén neste aspecto, pois non so asinou, senón que escribiu unhas mensaxes personalizadas en cada un dos libros.
A biblioteca, o club de lectura e as compañeiras de galego Marisa e Carmen agradecemos de volta este día de festa para as nosas letras.



25/03/08

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro foi una romántica tardía, responsable entre outros do Rexurdimento literario galego. Moitas das súas obras escribiunas en castelán, pero o material en galego está considerado dos mellores na nosa lingua.
Estamos facendo unha recopilación dos seus poemas e cremos que Negra Sombra é un dos máis característicos dela, e que inspirou coas súas palabras a moitos outros autores. Estos versos son especialmente bellos, e agardamos que vos guste.

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Por: Juan Carballo e Pablo Carrera

15/03/08

Informe para comprender mellor "O neno do pixama a raias"

Este informe utilizámolo para facilitar a comprensión do libro do mes "O neno do pixama a raias". Tamén se proxectou, asociado a este, un power point da páxina http://luisvia.org sobre os campos de concentración.

02/03/08

CHESIL BEACH

Ian McEwan
(Autor tamén de Expiación)
Narra paso a paso a noite de vodas de Edward e Florence e o seu desenlace en 1962, nunha Inglaterra culta, timorata e provinciana, cohibida pola Segunda Guerra Mundial e as súas secuelas.
É unha alegación contra a opresión dunha sociedade que todo quéreo controlar e onde os factores morais, económicos e de clase invaden o territorio da intimidade.
O país. Babelia. 01.03.08

O MESTRE DA INOCENCIA

Tracy Chevalier (autora de A moza da perla).
Ficción e realidade inspirada no poeta, pintor e místico inglés William Blake (1757-1827). Os seus protagonistas son tres adolescentes fascinados polo excéntrico artista. Acción e drama envolvida nunha recreación do Londres da época.
O país. 02.03.08

28/02/08

LISTADO DE DVD´S do Club de Lectura

Para ver películas sobre libros, pinchar aquí.

Firmin de Sam Savage

Nacido no soto dunha librería no Boston dos anos 60, Firmin aprende a ler devorando as páxinas dun libro. Pero unha rata culta é unha rata solitaria. Marxinada pola súa familia, busca a amizade do seu heroe, o libreiro, e dun escritor fracasado. A medida que Firmin perfecciona unha fame insaciable polos libros, a súa emoción e os seus medos vólvense humanos.

"Mi devoción, al principio, era tosca, orgiástica, descentrada, cochina -me daba igual emprenderla a mordiscos con Faulkner que con Flaubert-, pero pronto empecé a percibir sutiles diferencias. Me di cuenta, al principio, de que cada libro poseía un sabor distinto -dulce, amargo, agrio, agridulce, rancio, salado, ácido-, y según fue pasando el tiempo y mis sentidos ganaban en agudeza, llegué a captar el sabor de cada página, de cada frase y, finalmente, de cada palabra: todas traían consigo una ordenación de imágenes, represntaciones mentales de cosas que yo desconocia por completo, dad mi limitada experiencia del llamado mundo real: rascacielos, puertos, caballos, caníbales, un árbol florecido, una cama sin hacer, una mujer ahogada, un muchacho volador, una cabeza cortada, siervos de la gleba que levantan la cabeza al oir el aullido de un idiota, el silbido de un tren, un río, una balsa, el sol entrando al sesgo en un bosque de abedules, la mano que acaricia un muslo desnudo, una choza en la jungla, un monje que se muere."

21/02/08

Peliculas sobre libros


FAHRENHEIT 451.
Ano de producción: 1966.
Duración: 98 minutos.
Dirixida por FranÇois Truffaut.
Baseada na novela de Ray Bradbury.

Ray Bradbury é autor tamen de "Cronicas marcianas", "As douradas manzás do sol", "O viño do estio" e "Remedio para melancólicos".

Interpretada por Julie Christie, Oskar Werner, Cyril Cusak, Antón Diffring, Jeremy Spenser e Alex Scott.

Fahrenheit 451 (233º centigrados) é a temperatura a que arde o papel dos libros. Inspirou o documental de Michael Moore do mesmo nome.

Julie Christie enfróntase ao reto de interpretar dous papeis: o de Linda, a hedonista e conformista esposa de Oskar Werner, e a Clarissa, o seu rebelde amante e coleccionista de libros.
Montag (Oskar Werner), un disciplinado bombeiro encargado de queimar os libros prohibidos polo goberno, coñece a unha revolucionaria mestra que se atreve a ler. De súpeto atópase transformado nun fugitivo, obrigado a escoller non só entre dúas mulleres, senón entre a súa seguridade persoal e a súa liberdade intelectual.

19/02/08

Preparamos a visita de Fran Alonso

O pasado xoves 7 de Febreiro, os que puidemos do club de lectura celebramos unha sesión preparatoria da visita de Fran Alonso do día 14 para falarnos da súa obra "Cartas de Amor". Participou tamén neste coloquio como invitada a Vicedirectora e profesora de galego Marisa Andrade.
Comezamos falando do estilo das cartas, do estrano que resulta que estean escritas por un home pero todas as protagonistas sexan mulleres. Abordamos temas como a emigración, o racismo... e principalmente da situación das mulleres, sobre todo cando non disfrutan de independencia económica que lles permita non ter que soportar situacións de inxustiza ou de maltrato físico ou psíquico. Quedamos de trasladarlle ao escritor algunhas preguntas sobre como abordou estes temas.


Entrevista a Iris Darriba

Iris Darriba é a autora dunha curtametraxe de animación a plastilina acompañada pola música do Señor dos Anéis. Iris, alumna do Ies Alexandre Boveda, xa comenzara fai anos a colaborar en concursos de ilustración que organizaba a biblioteca do instituto. O seu talento evidente, veuse agora ben recoñecido no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña. Moitos alumnos galegos puideron disfrutar xa desta proxección didáctica.


- ¿Cando a veremos nós?
- Pois é algo difícil por que a obra eu non a teño. Teño os fotogramas sen montar.
- ¿Recordas cando empezaches a interesarte por este tipo de actividades?
- Foi en 4º da ESO por un traballo que tiven que facer cun amigo. Había que facelo por escrito ou por vídeo, decidín encangarme de facer unha pequena presentación. Curta e pequena.
- ¿É difícil entrar neste mundo?
- Eu aínda non entrei! –risas- pero bueno, sí.
- ¿Consideras as actividades que organiza a biblioteca axudáronte en algo?

- Si, por que estar con xente creativa axuda a facer cousas.
- Na entrevista de Faro mencionan “e cunha enerxía e madurez quizáis un pouco sorprendente nunha alumna de segundo de bacharelato.... ” crees que a xente da túa idade é desinteresada ou pouco creativa?
- Iso depende de cada persoa, pero polo xeral a xente da nosa idade pasa olímpicamente de todo- máis risas.
- ¿Estás ti no grupo dos creativos?
- Si- xesto divertido.
- Foi sorte, casualidade ou destino merecido que che ofreceran este traballo?
- Casualidade. Eu coñezo o mozo que tiña que facer este traballo, entón el como vira un traballo meu decidiu aceptarme. Propoñerme o curto.
- O Señor dos aneis, ¿e unha das novelas máis importantes do século XX, que sentes?
- Moi friki! –risas- o certo é que fíxeno como me deu a gana por que dixenme “Cómo é Gandalf?” Vai a cabalo branco, coa súa capa e demáis cousas… “Pois vou poñerlle o que me dea a gana” entón o vestín con un gorro hortera e un cabalo medio pirado… e dicir, fixen o meu propio Gandalf.
- Cando a Sinfónica acompañou a túa obra, ¿qué sentiches?
- Estaba sentada no palco e tiña toda a pantalla diante e a orquestra debaixo. Foi impresionante e estaba impaciente por que o puxeron ó final e estaba todo o rato “¡Ai Deus que non o van a proxectar!”. O final foi máxico ver o meu traballo exposto diante de centos de persoas e os nenos murmuraban “Buaaa… plastilina!”
- Finalmente, por insitencia de Beni, ¿seguirás colaborando coa biblioteca?
- Pois gustaríame moito seguir colaborando cando me vaia do instituto. Téñolle cariño, levo moito tempo, fun das primeiras colaboradoras.
- Moitas grazas Iris, xa tes dous admiradores.

Por Juan Carballo e Pablo Carrera.

07/02/08

X. L. MÉNDEZ FERRÍN.- PERCIVAL e outras historias.

A cancela.

Todo o que vou escribir arastora pasóu porque il -O. Phea, obreiro- tivo que, ano tras ano, perante dazaoito, facer o mesmo camiño, pola mesma estrada, e dacabalo da mesma bicicleta. Se il non fora obreiro e non vivira no arrabaldo gris, a carón da estrada -de piche- non tería que ter percorrido endexamáis o anaco de estrada que está limitado pola porta da súa casa e pola porta da súa fabrica. Por isto de tanto ir á fábrica e de tanto vir -sempre o mesmo alcipreste, coma un coitelo- pasoulle todo o que lle pasóu. Foi asín:

O. Phea penduróu do cadro da bicicleta a pota co xantar, ben envolta en papés de xornal. Miróu pra os zocos mollados e pra o ceo azul, sorríu e pensóu:

- Qué sorte teño! Hoxe non chove, que onte púxenme coma un pito...

Despois xa ía a pedalear de vagariño -que é como andan os traballadores en bicicleta- pola estrada asfaltada. E, súpeto, o alcipreste da dereita. Il chasqueóu a língoa e coidóu pra sí que era unha vergonza que os alciprestes non se puxeran de ves en cando ao revés, por variar. Seguíu a andar e chegóu a fábrica, como chega sempre, despóis da casiña arruinada, do aserradeiro, do xardín raquítico...

Outro día calquera O. Phea voltóu a montar na bicicleta. Ia de mal humor, rifara coa muller. Xa meiado o camiño dixo:

- ¡Que noxo!

Dixo isto porque, ao dar precisamente aquela volta, tiña que atopar o muro baixo que, anos atrás, estaba espido e que, agora, comenzaba a estar espido outra vez, coa morte do gran pé de edra -de aquil pé que non deixara que o sol lambese as pedras do muro perante oito veraos-. Precisamente agora..., ao dar volta, tiña que atopa-lo muro baixo de sempre. Pero ... -O. Phea freóu e puxo a chanca esquerda no piche- alí non estaba xa o muro.

- ¡Pero se aínda estaba onte...!

É o mesmo, hoxe non estaba alí o muro. Estaba, si, onte, pero hoxe non estaba alí o muro. E, no seu sitio, habia unha estradiña estreita, de area branca, firme e calcada; polas beiras, o grande aucalito repetía cen veces a imaxe da súa especie.

-¿Aónde irá a estradiña? ¿Quén a faría?

Pola noite O. Phea escribiulle ao seu fillo unha carta. Xa lle tiña escrito moitas, pero debéranse perder todas porque il -o fillo de O. Phea- non contestara a ningunha. Decía asín a carta:

"Querido fillo:
Hoxe fun ao traballo e non atopéi a muradella da edra. Non sei como agora hai alí unha estradiña moi feita e moi xeitosa. Cando ti eras pequeno gostábache moito xogar na estrada, i eu non che deixaba, polo dos coches. Por iso lembreime de que se ti foras pequeno i estiveras eiquí, eu habíate levar pra que xogaras na...".

O. Phea rachóu o papel. A súa muller berráralle dende a cama:

- Vente deitar..., ¿oes? ¡Estas a gastar un mundo de lús pra nada!

Foron tres días que o obreiro paróu a bicicleta dediante da estradiña, e foron tres os días que o obreiro pasóu a coidar aónde iría a estradiña de area que por diante morría en dúas paralelas de eucalitos, e por trás... ¿Onde morría por trás? Decidíu sabelo ao carto día. O. Phea torcéu decididamente, e pedaleóu polo medio das fías de aucalitos. Istes eran outos, cada vez máis outos e a lús era por vegadas menos. O obreiro pedaleaba arelante, con forza, tiña que sabe-lo fin..., o fin da estradiña. E, a un relanzo, abríuse o fin: unha cancela. Si -O Phea freóu súpeto- non era máis nada. Unha cancela vella e podre. As madeiras cruzabanse sen s

Séchu Sende

Xosé Luis Gonzaléz Sende naceu en Padrón en 1972.

2003 premio Blanco Amor de novela con "Orixe".
2007 publica o libro de relatos "Made in Galiza"

Made in Galiza é un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos

MADE IN GALIZA. Sénchu Sende

O CABALO E A NÉBOA

O cabalo era gris e agardaba por min. Cando cheguei ao río, atrás viña a morte cun xersei arco da vella e un machete na man. Tres libélulas negras volvéronse azuis, eu subín ao cabalo manso como a néboa e entramos no río para cruzar a corrente. O cabalo mollado brillaba como un ferro e a morte na ribeira miroume con ira. Exclamou o meu nome coa estridencia dun porco e eu avancei devagar de cara á liberdade. Vin tres mulleres chorar na beira de enfronte, e entre elas estaba a muller que eu amo. O noso amor é máis forte que o amor dos soños. Choraba o meu nome vestida de azul, alongando as mans como ao deitarnos xuntos, e arrincábase o pelo como se estivese louca. Eu lembrei a lenda do cabalo de néboa e o cabalo fitoume por un ollo de sangue; a súa pel prateada transformouse en brétema, pola metade fendeu e disipouse no río no brumeiral na néboa no val da morte. Atoparon o meu corpo aboiando ao pé do arco iris.

28/01/08

Fran Alonso naceu en Vigo no ano 1963.
É escritor, filólogo, xornalista e editor.
Foi colaborador do Diario 16 de Galicia e La Voz de Galicia.
Actualmente colabora no semanario A Nosa Terra e no suplemento Luces do diario El País.
Ten colgado na rede o blog Cabrafanada.
Ten premios:
- Blanco Amor de Novela.
- Losada Diéguez á mellor obra literaria de 1998
- Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil ao mellor libro do ano.
- A distinción White Ravens da Biblioteca Internacional de Múnic.
Como narrador publicou:
- Tráiler (1991).
- Cemiterio de elefantes (1994, 2007).
- Silencio (1995).
- Territorio ocupado (1998).
- O brillo dos elefantes (1999).
- Males de cabeza (2001).
- Cartas de amor, (2006).
- A vida secreta de María Mariño (2007).
- A lúa no probador (1992).
Como poeta:
- Persianas, pedramol e outros nervios (1992).
- Tortillas para os obreiros (1996).
- Cidades (1997).
- Subversións (2001).
- Balada solitaria (2004).
- Poetízate (2006).
E autor do álbum ilustrado A casa da duna (2002).
Información extraida da páxina www.xerais.es.

24/01/08

Soy leyenda, do libro á película

Hoxe decidiuse na reunión que fixemos no recreo ir ao cine a ver películas basadas en libros, por iso eu vou facer un comentario sobre o libro e a película "Soy Leyenda".
Que dicir que o libro esta moi ben, e conta unha historia do último home da terra, un traballador normal, último supervivinte dunha pandemia que trasformou á xente en vampiros. O protagonista Robert Neville, sufre acoso dos vampiros e busca nas bibliotecas como acabar coa plaga, ademais reflexa moi bem o que sinte unha persoa que esta completamente soa sen ninguén , a sua soidade desesperación e esperanza.
A película prometía moito, e os trailers deixaban entrever unha gran adaptacion, pero...
Presuposto extratosférico e Will Smith de protagonista, que podía fallar? Pois si, a pesar de basarse nun libro o argumento foi ridiculamente estúpido. Pasaba que cambiaran a cidade, que o prota non fose branco e bo, que tivese un can, pero a película peca pola sua falta de profundización no persoaxe central, que ademais era cientifico importante e controlaba de virus e un final coma sempre deses onde EEUU salva o mundo, o libro acaba como debe acabar, na película salva á humanidade. Como en todas as superproduccións americanas: presuposto de vértigo, actor protagonista coñecido e argumento chorra.
Agardo que as películas que vexamos sexan millores, porque os medios pra facer boas adaptacións téñenos.

E con isto dou por rematado este artigo, que agardo non desagrade ós que o lean.


Escrito por Pablo.

18/01/08

Iris presenta obra no teatro Rosalía de A Coruña

A nosa alumna Iris Darriba Quesada, de 2º de bacharelato, integrante do club de lectura, outra activista da biblioteca dende que apareceu por aquí en primeiro de ESO, colaboradora desinteresada, gañadora do concurso de biblioteca "A ilustración do ano", vai ver recompensado un dos seus traballos: un corto de animación a plastilina.
O próximo sábado 19, ás 12.00, o teatro Rosalía de A Coruña abre as súas portas para un concerto didáctico da Orquesta Sinfónica Galega, que interpretará a banda sonora de "O Señor dos Aneis" con xogo de luces e imaxes. As imaxes proxectadas son 5 pasaxes da obra. Unha destas pasaxes é o corto de animación feito con plastilina por Iris.
Noraboa Iris. De aquí ós Oscar.

17/01/08

CARTAS DE AMOR

O noso próximo punto de encontro vai ser o libro "Cartas de amor", do escritor vigués Fran Alonso.
Non son cartas de amor convencionais.
O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben.
Os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración...

Esperamos ter axiña unha xuntanza con el para falar deste fermoso libro cheo de experiencias humanas e de amor á vida.

08/01/08

Beni dijo...

Moitas grazas, Sole, por recomendar este fermoso libro cheo de ensinanzas para o presente.