24/04/24

 


VISITA DE PAULA CARBALLEIRA


A autora, premiada co Premio Nacional de Literatura Dramática   pola obra "As alumnas ", estivo na nosa biblioteca nunha charla organizada polo departamento de Lingua e Literatura galega. 







Dúas alumnas de 1 de bach: Ángela Fernández e Victoria  interpretaron  con éxito a Rosa e Elisa  na primeira e a última escena da obra.

Asistiu o alumnado de 2 cursos de 4ª de eso e os alumnos do Club de lectura de maiores. "As alumnas"

é unha das obras que len neste terceiro trimeste. 

A charla foi moi interesante e a autora contestou as preguntas dos alumnos e compartiu  tamén anécdotas   da súa experiencia como autora e actriz, falou tamén  da importancia da tradición oral, da memoria e do que amosa o teatro.















14/04/24

 


      VISITA DE RAQUEL CASTRO





Esta semana tivemos a sorte e  o pracer de contar coa visita da autora Raquel Castro.Veunos falar do seu último libro: "Sobremesas sobre versos".

Estaba presente o alumnado dos clubs de lectura, que leran a obra e da que conversaramos con anterioridade na sesión do club de lectura, e o alumnado de 1ª de ESO de exención e o de 3º de ESO de PDC.

Foi unha charla moi amena e instructiva, na que Raquel falou de varios aspectos da súa novela como a importancia das tradicións e da memoria, e o alumnado interesouse por saber  cal fora a súa motivación para escribir este libro ou  en quen se inspirara para os seus personaxes.

Agradecemos a Raquel a ledicia de poder  mergullarnos na lectura do seu libro.



























05/03/24

 

SOBREMESA SOBRE VERSOS     DE RAQUEL CASTRO




O mércores 28 de febreiro tivo lugar na nosa biblioteca a última xuntanza do club de lectura.

Nesta ocasión os dous clubs, os dos pequenos e o dos maiores, reuníronse para comentar o último libro de Raquel Castro. "Sobremesa sobre versos" acompañados pola profesora Ana López.

Aos rapaces gustoulles moito porque é unha historia moi tenra sobre a relación dunha neta ,Uxía coa súa avoa Sica, durante os dous anos da pandemia.

Aínda que a avoa sofre de Alzeimer, lembra as súas receitas tradicionais da súa aldea no Courel, cos alimentos de tempada que van unidos as estacións, e que  cociña coa súa neta.

Tamén trata a homosexualidade do único veciño e amigo da avoa, este tema vai unido ao despoboamento  do noso rural.

Foi unha sesión moi inspiradora porque todo o alumnado comentou estos temas tan relevantes na novela e na nosa sociedade.

Como na sesión nos acompañou Lamine, un profesor de árabe senegalés que está connosco por razóns de asilo político, poidemos comparar as relacións cos avós en África e en Europa.





22/01/24

 


SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

ASTÉRIX, O LIRIO BRANCO

 


O martes 16 de xaneiro reunímonos os lectores e lectoras do club de lectura de 1º e 2º de ESO para comentar o cómic de Astérix e Obélix “O Lirio Blanco” publicado no 2023. 
Aínda que algún dos nosos lectores prefiren o formato novela, tamén lles gusta o cómic pola expresividade das imaxes e polo pouco tempo que leva lelos. Ademáis moitos xa coñecían os personaxes de Astérix e Obélix, pois tiñan nas súas casas cómics dos seus país ou, incluso, dos seus avós. 

O cómic deunos para falar de moitas cousas; sobre todo, o personaxe Viciovirtus e o seu método de pensamento positivo do “Lirio Blanco” que, con boas palabras e frases clixé, consigue engaiolar a case toda a aldea gala para finalmente traizoalos co fin de facer que se rindan aos romanos “de modo pacífico”.

 Comentamos algunhas desas frases feitas cun contido que é moi correcto, aínda que o seu uso para embaucar á xente non o fora tanto…. E, finalmente, a conversa derivou no contraste entre a vida no campo (representado pola aldea gala) e a vida da cidade (representada por Lutecia), que case todos prefiren. En fin, disfrutamos dunha charla relaxada a conta do cómic , saltando dun tema a outro e compartindo tamén un biscoito que disfrutamos igual pero que durou bastante menos que a reunión.








13/01/24

 SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

PERSÉPOLE DE MARJANE SATRAPI

O martes 10 de xaneiro tivemos na biblioteca a nosa reunión trimestral do club de lectura dos maiores para debater e contrastar as perspectivas d@s participantes ao redor da obra Persépole de Marjane Satrapi (200-2003)

Persépole é unha  banda deseñada que acadou recoñecemento mundial e multitude de premios polo relato tan persoal e universal que ofrece ao redor das experiencias dunha muller iraní.

Dende a súa infancia dentro do contexto da revolución islámica de 1979 e a chegada dos aiatolás, pasando pola súa etapa  adolescente en Europa nos anos 80, o seu regreso a Irán e a súa viaxe definitiva de volta a Europa nos 90, xa como adulta.

Unha lectura recomendada a todas as familias pola claridade que manifesta sobre a complexa situación en Oriente Medio e por ofrecer unha visión dende dentro, dunha cuestión maiormente coñecida polos informativos e a prensa, dende fóra.

Un relato moi persoal, cunha linguaxe gráfica directa e tremendamente comunicativa, que fomenta a empatía entre pobos e os valores democráticos.

A rapazada gozou desta lectura e compartiu as súas ideas ao relato de Persépole xunto a profesora Maruxa Gesto do departamento de Inglés e co estómago acariñado por croissants e napolitanas de chocolate.






A reunión de hoxe foi moi interesante. Falamos sobre Persépole de Marjane Satrapi, que é unha autobiografía que vai relatando o que a autora tivo que pasar dende que era nena en Irán, que era o seu país de orixe, e cando saiu de alí. A profesora que levou hoxe a sesión foi moi amable e falounos de xeito que poderamos entender algunhas partes da novela gráfica  que eran moi complexas.

Gustoume moito esta sesión e o que me ensinou esta lectura.

Fátima Blanco (3º ESO B)