30/05/10

Visita ao Courel do clube de lectura do I.E.S. Alexandre Bóveda

Partimos de Vigo sobre as 8:30. Nada máis entrar no autobús que nos levaría ao lugar onde o autor Uxío Novoneyra, que se conmemora no Día das Letras Galegas deste ano, Beni xa nos propón unha nova mini-lectura para ler polo camiño ao Courel; danos a cada un un folletiño confeccionado en colaboración con Arximiro ( o noso magnífico guía) e segundo as súas indicacións, que nos ensina a grandes rasgos o que vamos ir vendo ao longo da viaxe.

Nun total de 3 horas ininterrumpidas de conversación cos compañeiros chegamos a Quiroga, subimos para a serra do Courel, onde se encontraba a nosa primeira parada, no mirador de Campodola. Alí, o noso guía, previamente advertidos por el mesmo das súas dotes para a xeoloxía, nos explica o relevo do lugar, que consiste nun curioso val cunha formación xeolóxica especial. Refirome ó val coma curioso debido a que formacións deste tipo son moi extrañas no mundo, xa que o efecto das forzas internas da Terra fixeron que as montañas, coma se fosen un mantel, enrrugáranse, deixando un relevo irregular denominado pregamento, no que a erosión puliu a parte alta do val.
Logo de apreciar a fermosa paisaxe que se alzaba sobre os nosos ollos e dedecatarnos da modestia do guía con respecto ós seus coñecementos do campo da xeoloxía, continuamos co traxecto.

Sobre as 11:45 chegamos a Parada, lugar donde o noso autor pasou a súa infancia e adolescencia, lugar que se ve reflexado en moitos dos poemas deste, que eu persoalmente recomendo.
Alí, limos poemas coma Letanía de Galicia entre outros, no que se plasmaban o que tiñamos diante dos nosos ollos, un Courel cheo de vida e cor, por onde parece que non pasan os anos, como se todo seguese igual que cando Novoneyra escribiu tan fermosas e coidadas descricións daquela maravillosa paraxe.

Co ambiente e a natureza pegados as nosas solas dos zapatos deixamos o que fora lugar de residencia do autor, Parada de Moreda, vila de Uxío, e pasamos por lugares como o val das Mouras, a vila de Mercurín e chegamos ata o pico Formigueiros . No autobús, o guía íanos indicando cada un dos lugares polos que estábamos a pasar; a fonte do cervo, na Devesa da Rogueira, un lugar considerado como “o paraíso botánico de Galicia”, xa que nela podes atoparte co 80% de toda a variedade de vexetais da autonomía.

Paramos nun alto ao pé do Formigueiros, onde divisamos no horizonte a fronteira política entre Galicia e León. Política porque no ámbito cultural os costumes e a tradición seguen a ser prácticamente as mesmas tanto nun lado coma no outro; Nas vilas da fronteira de León falan o galego e un dos seus soportes económicos máis importantes é a castaña, igual que nas vilas da fronteira galega.
De alí proseguimos a nosa ruta rumbo a ferrería de Seoane do Courel.

Sobre as 13:00 hrs da mañán chegamos á ferrería Locay, actualmente en reconstrucción, e evidentemente pechada ao público, polo que dela só puidemos observar o gran muíño de auga sobresaíndo da fábrica, que consistía nunha gran roda duns dous metros de diámetro, atravesada por un tronco, o cal transmitía o movemento ao colosal martelo que se situaba dentro da nave, co que se maleaban os futuros utensilios de ferro.

Cos estómagos baleiros e as tripas ruxindo puxemos rumbo cara un dos lugares máis fermosos que teño visto dende facía tempo; un restaurante situado en Ferreirós de Abaixo, O Pontón.
Sobre as dúas e media xa estabamos a rillar na comida; un saboroso churrasco acompañado dunha saudábel ensalada, da que non quedou nin a cebola tan sequera.
Cos estómagos máis que satisfeitos, sobre as catro da tarde subimos ao bus para proseguir a nosa marcha.

Curva tras curva demos coa seguinte parada; o castro de Sobredo, un antigo castro dos séculos III-IV, no que se poden observar os primeiros indicios da introdución da cultura romana nestes pobos. No alto do outeiro continuamos a nosa lectura de poemas mentres observábamos en fronte nosa o castro, tamén coñecido como da Torre. Dende a nosa posición podíase albiscar a gran fenda que deixaron na montaña para defenderse dos posibles ataques inimigos, utilizando un sistema moi parecido ao que usaran os romanos para furar os montes ourensáns en busca do prezado ouro tan presente neste territorio.

De seguido visitamos unha aldea moi antiga chamada Seceda. No traxecto de ida o guía foinos falando da vila; segundo dixo a aldea ata fai tan só once anos estaba prácticamente incomunicada, tendo como única vía de saída un antigo carreiriño de cabalos. Actualmente a vila pasou por un proxecto de rehabilitación, que consistía na reconstrución dalgunhas das casas por parte de propietarios particulares e no empedramento dalgunhas das rúas que atravesan o lugar.

Xusto á entrada atópase unha fonte da que brotaba unha auga límpida e cristalina, que por certo ben boa estaba, non tiña comparación posíbel coa embotellada.
Estivemos paseando polas rúas Secedás uns minutos ata chegar a unha casiña un pouco deteriorada. Ao entrares dentro puidemos observar coma o paso do tempo fixera acto de presenza na estrutura da casa, tanto era así que ao fondo podíase observar unha das paredes feitas de ladrillo, que, non quedando nada estético debido a que as demáis paredes eran de pedra, seguramente o propietario viuse na obriga de facelo con estes materiais debido ao perigo de derrube que sufría o fogar.

E con esta visita á aldea de Seceda e unha viaxe de volta a Vigo dunhas tres horas máis ou menos demos por rematada a ruta literaria deste ano 2010.

Espero que vos teña gustado a crónica que acabades de ler sobre este día tan especial e agardo por vós a que vos animedes a entrar no clube, se polo contrario xa estades nel, espero que vos gustara a excursión tanto coma min.
Saúdos cordiais:
Yago Rodríguez Barril


27/05/10

O Alexandre Bóveda coa lectura.

ESTE É O ARTIGO PUBLICADO POR MARTA NO XORNAL QUE FIXERON PARA "EL PAIS DE LOS ESTUDIANTES". Non se publicou aquí mentres non rematou o concurso.

O IES Alexandre Bóveda leva xa un par de anos a desenvolver un grande labor dirixido ao pulo da lectura como forma de ocio e de formación entre os estudantes do centro. Este ano 2010 as fronteiras do clube derrubáronse e abríronse as portas ao alumnado dos primeiros cursos de ESO, iniciativa que acadou un grande éxito. Actualmente realizan as súas actividades dous clubes paralelamente, un formado con alumnos dos cursos superiores e outro formado por alumnado de primeiro curso de ESO.
O clube de lectura desvolve a súa actividade mediante reunións periódicas que congregan a todos os membros e nas cales tratamos os libros elixidos e decímos o libro que se lerá para a seguinte sesión. Nas reunións todos os lectores temos a nosa quenda de palabra para comentar as nosas perspectivas sobre a lectura e para devater calquer aspecto de interés. Trátanse temas tan nimios coma as nosas preferencias cara os protagonistas á vez que buscamos a parte máis filosófica da lectura para conseguir entendela dende un punto máis prosaico coa busqueda da conexión cos escritos. Como é de supoñer, os escritores.
Kafka, O estranxeiro, por Albert Camus; vVixía entre o centeo, por Jerome David Salinger...

Este modesto proxecto naceu no seo da nosa biblioteca, de man do bibliotecario e profesor de latín Benigno. A súa vez está a fomentar numerosas actividades independentes mediante as cales incita os estudantes á lectura a través de concursos e premios con plataformas tales como: libro do mes, lector do ano, olimpiadas do saber... Tamén se levan a cabo certames de cartas de amor, minirelatos de terror, deseño de portadas... Todo isto otórgalle á biblioteca un carácter moito máis dinámico e educativo converténdoa nun lugar máis apacible e atractivo para todo o alumnado e o profesorado.

Por Marta Gómez

01/05/10

Próximas actividades

Despois do encontro con Miguel Vázquez Freire do día 23, crónica que podedes ver no blog da biblioteca, e ante a imposibilidade de poder asistir todos á charla de Antón Riveiro Coello, decidimos que, antes de poñernos con Edipo Rei, imos botarlle man a Os Eidos, de Uxío Novoneyra, o poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Faremos unha sesión para comentar algúns dos poemas máis salientables e escolleremos aqueles que imos ler en público o día que fagamos a ruta literaria polo Courel (seguramente o 24 de maio). Ao Caurel iremos todos os membros dos dous clubs de lectura.


Para 1º ESO, a próxima sesión xirará arredor do libro de Xavier P. Docampo Cando petan na porta pola noite, e a última lectura do curso gardará relación con Grecia, o tema do seu proxecto interdisciplinar: leremos Agamenón y la guerra de Troya de Anne-Catherine Vivet-Rémy.