04/03/25

 


22 SEGUNDOS DE EVA MEJUTO





 22 segundos de Eva Mejuto foi o libro escollido  no club de lectura deste mes para os pequenos. O alumnado de 1º e 2º ESO reuniuse o pasado mércores 26 de febreiro para compartir sensacións e opinións sobre a lectura coa profesora de francés María González.

En primeiro lugar decidimos entre tod@s percorer os momentos máis salientables desta obra qu econta a historia de Álex, un rapaz que ao longo des 22 capítulos (22 segundos) trata de describir os momentos da súa vida que o fixeron decatarse de que o nome de Anxela e o xénero que lle foi asignado ao nacer, nada tiñan que ver con el. Algúns destes símbolos son o vestido de comuñón que non quixo levar, cando cortou o pelo, o feito de quere xogar ao fútbol cos rapaces no recreo etc...

Ademais elaboramos unhas portadas alternativas para o libro, que nos gustou moito.








 

CONEXIONES DE ELISABETH STEWART





Este mes a sesión de lectura dos maiores foi levada por Ana López, profesora de inglés e ex-compañeira do noso centro.



Tres adolescentes femininas nos seus mundos (tan distintos) nos permiten reflexionar sobre os modos de vida tan diferentes que temos no mundo actual.

A novela gustou moito tanto ao alumnado como a min, a conductora. 
A través da perda do móbil dunha nena canadiense, entrelázanse as historias dunha adolescente chinesa, que traballa montando teléfonos e dunha nena africana,víctima das mafias que traballan para empresas extranxeiras que explotan o coltán e minerais fundamentais para a tecnoloxía.
Cada participante no club fixo a súa reflexión e foi un gusto escoitala e ver o grado de intelixencia e a empatía que mostraron sendo tan novos.
 Comentamos moitos temas, de como os algoritmos nos van metendo nunha burbulla e van dirixindo as nosas vidas sen que nos percatemos, do sexting que exerce algunha rapazada, da presión da publicidade para cambiar de aparellos ou  de como a IA usa moita enerxía e moita auga para refrixerar eses ordenadores tan potentes. Saíron tamén temas como a presión exercida sobre os traballadores chineses, que son tratados como escravos, a contaminación sen control, as enfermidades que causa, a soidade en medio da multitude existente en China.
Comentamos o problema de  África coas armas e cos nenos soldados que son destruídos animicamente e obrigados  a cometer atrocidades, destruíndo a vida da xente local por mor dos minerais necesitados maiormente pola sociedade occidental.
Falamos tamén do traballo das ONGs, de aprender a non deixarnos levar pola opinión da maioría,de adquirir un espírito crítico. 
Con todas estas reflexións, na miña opinión, hai esperanza de futuro.
Ana López