XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA
Neste mes de maio tiveron lugar no Pazo de Congresos de Santiago as Xornadas dos clubs de lectura. Asistiu a coordinadora dos clubs: Mer Pérez.
Houbo como sempre algunhas propostas moi interesantes, como foi a charla coa autora e Premio Nacional de Teatro2024: Paula Carballeira, que tamén tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca o ano pasado.
A conversa arredor da dinamización de clubs de lectura tamén resultou moi instructiva.