Rosalía de Castro foi una romántica tardía, responsable entre outros do Rexurdimento literario galego. Moitas das súas obras escribiunas en castelán, pero o material en galego está considerado dos mellores na nosa lingua.
Estamos facendo unha recopilación dos seus poemas e cremos que Negra Sombra é un dos máis característicos dela, e que inspirou coas súas palabras a moitos outros autores. Estos versos son especialmente bellos, e agardamos que vos guste.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Por: Juan Carballo e Pablo Carrera
25/03/08
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
O único que vos podo dicir e que vai haber que organizar unha ruta literaria para coñecer mellor á Gran Rosalía. Con esa paixón que lle poñedes tédelo merecido.
Publicar un comentario