17/11/08

Motín a bordo

Hoxe tivemos a nosa primeira sesión presencial do club de lectura e producíuse un motín. Xuntámonos ao redor do libro Motín en la Bounty e os amotinados do club de lectura COMEMOS NA BIBLIOTECA a mediodía, mentras falamos do libro e agardabamos polas clases da tarde. Toda unha experiencia. Démoslle unha volta ao mundo cun bocado na boca mentras atendiamos ás aclaracións xeográficas de Ricardo. Revisamos o puritanismo inglés do XVIII levantando un cacho de tortilla. Cadaquén escolleu o seu personaxe favorito da novela e, curiosamente, so un escolleu ao protagonista. Falouse de honor, de clases sociais, de lealdade, de esforzo, de historia, de sexo... E ademáis tivemos a compañía de Iris, a nosa ex alumna, que non quixo perderse esta sesión do que foi (e é) o seu club. Agora espero os vosos post ou comentarios, todo o malo era empezar.
Por certo, estrenamos a nova sala de lectura informal (poño unha foto polo medio a ver que vos parece)



1 comentario:

Loly dixo...

Os sofás Tulsta me gustan
os sofás Tulsta me encantan
os sofás Tulsta eu quero
levar para a miña casa.

Pero que dis muller tola?
Nin te atrevas a pensalo
que se Benigno se entera
poñerá á Biblio un candado.