04/06/09

Sesión do luns

Esta foi a última sesión (comida incluída) deste curso, e tal vez a máis fructífera, aínda que xa non estaban os de segundo. Por suposto que falamos de A illa do tesouro. A pesar de que o libro non gustou moito chegouse á conclusión de que era necesario seguir lendo un clásico ao ano polo menos. Sabede que para este coordinador foi unha satisfacción escoitar de vós esa necesidade de coñecer aos clásicos, aínda que ás veces non enchan as nosas expectativas. Como pechando un ciclo, tamén relacionastes co primeiro libro do ano, Motín en la Bounty, establecendo paralelismos diversos. Pero o mellor foi o balance positivo do curso, do que non vou falar aquí á espera de que o fagades vós, e a planificación que fomos facendo para o próximo curso: posibles novas incorporacións, maior frecuencia de sesións, selección de libros por temas de interese, aporte de documentación nas sesións, elaboración de materiais e introducción dunha poesía en cada sesión. Dende logo esperanos un ano prometedor.

Os profes agradecemos a vosa sinceridade, confianza e a gratitude que mostrates en cada sesión.
Esperamos agora polas vosas valoracións.

2 comentarios:

Piuzaky dixo...

Beni, podes subir algunha outra foto de grupo das que fixemos na última reunión ? Se hai claro. Gracias.

EDAC dixo...

Para min foi e será sempre unha alegría poder compartir co clube estas horas nas que poñemos en común as nosas lecturas, poidendo propoñer e ler diferentes libros de diferentes temas e autores, polo xeral, é a miña intención seguir o ano que ven no clube, esperando que sexa tamén a dos actuais compoñentes. Para rematar dígolle os que se van que teñan unha boa vida e que algún día nos veñan visitar para rememorar outros tempos, e en canto os que veñen, espero, e creo que falo en nome de todo o grupo, que teñades unha boa estancia neste singular grupo, compartindo con nós todo o relacionado á lectura.
saudos cordiais de Yago.