O noso próximo libro é Matilda, de Roald Dahl, autor tamén de Charlie e a fábrica de chocolate. A obra foi escrita en 1988, dous anos antes da morte do autor. Xa temos na biblio os exemplares da edición galega. Picade nos enlaces para máis información. Tamén podedes visitar a páxina oficial adicada ao autor.
Argumento:
Sen ter cumpridos os cinco anos, Matilda xa leu a numerosos autores e ten uns enormes coñecementos. Pero os seus non se preocupan por ela e anímana a ver a televisión, negándose a mercarlle libros. Mentras eles están fóra, ela vai á biblioteca e cando comeza a escola sabe máis cós compañeiros. Máis tarde descubrirá que ten poderes...
Estaremos con esta lectura ata despois de carnaval. Como sempre, haberá concurso sobre o libro, ademáis da sesión conxunta na que expresaredes as vosas impresións.
4 comentarios:
O libro de Matilda gustame moito ,
al menos polo que levo leido está moi ben. Xa vin a peli e gustoume moito, espero que o libro sexa igual ou mellor.
O libro de Matilda é moi divertido e entretenido.Eu creo que é unha historia diferente e ten un gran final.
Olibro de Matilda esta moi ben, por certo recomendoo que o lean.
e a ver se no club de lectura vemos a peli, que me contaron que estaba moi ben
Concordo con vós en que o libro está moi ben, que para algo fixen a proposta. Tamén me parece ben a idea de ver a peli. Para o luns, se queredes, falamos das posibilidades que temos de quedar para vela. Xa podedes supoñer que a sesión será este luns. E grazas por expresar a vosa opinión.
Publicar un comentario