P-Cal é a traba máis importante que te atopaches para chegar ata aquí?
R-Eu penso que as principais trabas son realmente as que nos poñemos nós mesmos, sobre todo por inseguridade. Moitas das cousas que nós pensamos que son trabas non están máis que na nosa cabeza. É certo, non é un camiño doado, pero é posible. É necesario relativizar todo, para supera-la inseguridade e ser capaz de continuar traballando.
P-Cando sentiches que era posible adicarte a escribir?
R-Me resulta moi dificil verme como escritora. Este é un mundo incerto porque non sei se mañá vou escribir outra obra. Primeiro hai que ter unha idea e ser capaz de tirar por ela e pasas meses con ela na cabeza e entón, xorden as inseguridades, pensas que non a vas a acabar, que non resulta interesante ... Pero estas son cousas suxeitas á dificultade para a elaboración dun texto.
Viaxar axuda a coñecer novas realidades que poden influír directamente na elaboración da na túa obra. Non é necesario viaxar para escribir unha novela, pero si creo que axuda a enriquecer a túa obra, Hay grandísimos escritores que sen saír da súa casa, ou da súa cidade, escriben magníficas novelas, porque a fin de contas do que falamos é do ser humano, e o ser humano é exactamente igual aqui, que na china, que en NY, porque as cousas que nos preocupan, o amor o odio son universais.
P-En Resistencia é moi importante a Historia, que valor lle das na realización dunha obra?
R-Eu discrepo do concepto de novela histórica, porque creo que tódas as novelas o son, no sentido de que están ancoradas nun momento, nunha xeografía determinada, que acaban marcando a traxectoria dos personaxes. A historia é fundamental para entender a vida dos personaxes, a historia de hai máis de cincuenta anos, ou a historia de hai máis de vinte. Tamén onte, onte é historia tamén.
P-Tes algunha idea que nos poidas adiantar sobre futuras obras?
R-Ultimamente estou cun personaxe que se chama Ernesto, que soña cun unicornio e o teño ahí coma espreitanto na orella. Non sei se chegarei a escribi-la súa historia e se realmente se dará algo de si, porque por agora só teño iso.
P-Cando rematas unha obra, permites que a túa familia e amigos a lean ou non te deixas influir pola súa opinión?
R-Aprendín que é mellor deixala ler, porque hai moitas cousas que escapan ós teus ollos e que non están como ti pensabas. Ás persoas máis próximas do meu entorno unha vez terminada a lectura, pregúntolles sobre ela e conta moito o que me din, pero sobre todo o que non me din, e así doume conta de que había cousas que eu quería ou pensaba que estaban e non están. O que é importante non é que te digan, iso de gústame ou non me gusta se non os porqués.
P-E cal é o mellor consello para unha persoa que empeza a escribir e soña con converterse nun escritor recoñecido?
R-O primeiro que lles diría é que non pensen en escribir como un traballo, como unha obligación, senon que disfruten do placer de escribir, da literatura.
P-Pois moitas gracias pola entrevista.
R-Gracias a vós.
Esta entrevista foi publicada na xornal que enviamos ao país dos estudantes.
Paloma Lorenzo
4ºA
1 comentario:
Unha entrevista moi profesional. Os meus parabéns.
Publicar un comentario