21/11/11

Indignación

O día 7 tivemos a primeira sesión do curso. O libro foi Indignación, de Philip Roth. Gustou bastante a maioría. O debate foi intenso: a hipocrisía da sociedade, da que non se salva nin o protagonista; a crueldade da guerra; a discriminación; o racismo; a xustiza; o sexo e outros temas saíron na conversa. Non nos chegaron as dúas horas para expresar as posturas encontradas. Os bombóns calmaron os ánimos. Sorprendente o narrador, Marcus, un personaxe cheo de prexuízos que busca ser perfecto nun mundo que non acepta e que non o entende. Quen leva máis razón? A sociedade na que vive? El? Non podemos dicir máis, para non botar a perder a lectura aos que non a fixeron. A próxima lectura está por determinar.

1 comentario:

Yago dixo...

Ao final fixeches ti a entrada, para a próxima fágoa eu, q se non matámoste a traballo, además virame ben postear algo logo de tanto tempo. Agardamos nova ,lectura (se é q ainda non está posta, porq seguro que xa a tendes pensada e eu aina non me enterei dela xD) Saudiños!