A derradeira sesión cos do primeiro ciclo foi o día 21 de maio, e a obra un libro de relatos de Paul Jennings, Vaiche boa! Foi a obra que máis gustou do curso, pola maxia, o humor, os nenos protagonistas, as paisaxes tan similares ás nosas, unha serie de trazos que fixeron sentir a obra como moi próxima. Cada un interveu para dicir cal era o relato que máis lle gustara e as razóns. Leváronse a palma dous, o do home que morreu no retrete e o de CBV (crema de bosta de vaca), e foi ese un dos motivos máis comentados, o ambiente escatolóxico da maioría dos relatos, que por si mesmo xa nos sitúa no plano humorístico.
Pero tamén houbo lugar para a xustiza, a melancolía, as relacións familiares, e, como non, os chistes. Deixounos moi bo sabor de boca esta experiencia co alumnado de primeiro ciclo, agradecendo sempre a boa disposición e as vosas intervencións, máis ou menos acertadas, pero sempre respectuosas e sinceras.
Coa incertidume acerca do que pasará no próximo curso, por si acaso, deixamos o blog aberto para que no futuro vos poidades facer cargo del.
4 comentarios:
alicia sales guapisima!! el libro estuvo genial y la reunion tambien!! el club de lectura es genial!! (L)
no me gusto mucho el libro pero si os gustan los libros q nos hacen reir lo teneis q leer espero q la proxima vez leamos algun libro d misterio........
no me gusto mucho el libro pero si os gustan los libros q hacen reie teneis q leros este me gustaria q el proximo libro sea d misterio.....
foi un libro fantastico!!o mellor de todos!!
Publicar un comentario