Hai uns días, o luns 28 de outubro, tivo lugar a primeira xuntanza do club de lectura. Como ven sendo habitual, quedamos na biblioteca despois das clases da mañá para compartir comida e reflexións. Esta vez o libro escollido foi Eskoria de Alfredo Gómez Cerdá que en xeral gustou moito e deu para bastante conversación.
Mentras comiamos, escoitamos a música de Charlie Parker, "Bird", sobrenome que, despectivamente, deron os acosadores a Diego, o protagonista do libro, trala estupenda exposición feita por el sobre o músico e a súa obra.
E, case sen notalo, chegou a hora de concluír despois de moita conversación endulzada con tarta de queixo e chocolate; tras comprobar o ben que argumenta este alumnado que asiste ao club de lectura. Foi un doce pracer.
1 comentario:
Encantoume quedar a comer con vos e falar do libro... E a tarta dende logo, jejeje...Antonio 2 °D
Publicar un comentario