O pasado 27 de outubro, inauguramos as reunión do club de lectura dos novos alumnos de 1º da ESO. Como son 30, dividíronse en dous grupos: O neno can de Fina Casalderrey e Francisco Castro e Chamádeme Simbad, tamén de Francisco Castro.

Chamádeme Simbad foi un libro que gustou a todos. Aparte de que nos divertimos coas aventuras e
a intriga da novela, tamén sacamos da súa lectura moitos temas interesantes.
Falamos da enfermedade do alzheimer ou da situación dos maiores cando comezan a
necesitar dos demáis, e de cómo se lles pode axudar a levar unha vida máis agradable.
Tamén comentamos a relación do protagonista co seu avó, mellor que a que tiña
con ningún outro membro da familia, e de cómo ás veces os xogos e a fantasía
poden ser un modo moi interesante e divertido de comunicarse cos demáis. O personaxe da nai tamén nos deu para falar
dos coidadores, da responsabilidade que asumen e do tempo libre que precisan, e
a todos nos pareceu ben como ao final se respeta tamén ese dereito da nai a ter
o seu tempo libre. Falamos do enigmático tío Bernardino, e de toda a aventura
vivida por Simbad trala pista do seu avó. E, como non, tamén rímonos un pouco co
pai do protagonista, tan estresado
polo traballo e obsesionado co móbil que non é capaz de prestar atención á
xente que o rodea.
Esta sesión foi acompañada por unhas saborosas tartas de chocolate, agasallo dunha mamá: graciñas Manola!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario