Primeira xuntanza do Club de Lectura (2022-2023)
O
luns 7 de novembro realizamos a primeira xuntanza do Club de Lectura
deste curso durante a hora de ler da ESO. O alumnado de 1º ESO,
coordinado pola profesora de lingua castelá e literatura, Marisol
Mariño, e o de 2º ESO, coordinado pola profesora de lingua galega e
literatura, Beatriz Varandas, comentaron, respectivamente, os libros
Palabras
de auga,
de Marcos Calveiro, e O
corazón de Xúpiter,
de Ledicia Costas,
Na posta en común falamos dos personaxes e da súa caracterización, do
tema dos libros e da súa actualidade (a escaseza da auga e os
perigos de Internet, entre outros), do espazo e do tempo...
Finalmente, intercambiáronse opinións persoais sobre as distintas lecturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario