O señor Ibrahim e as flores do Corán (película)
Despois de compartir e comentar a lectura do libro O señor Ibrahim e as flores do Corán, o Club de lectura asistiu, durante dúas sesións, á proxección da adaptación cinematográfica desta novela. Dirixida polo cineasta francés François Dupeyron, recibiu o Globo de ouro no ano 2003 á mellor película estranxeira.
O
alumnado puido comprobar como a linguaxe cinematográfica difire da
linguaxe especificamente literaria e como cómpre adaptar a narración
literaria á gran pantalla, por exemplo, na presenza ou ausencia
dalgúns personaxes ou dalgunhas situacións determinadas que se dan
na novela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario