SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA
PALABRAS DE AUGA de MARCOS CALVEIRO
O martes 17 de decembro tivo lugar a segunda sesión do club de lectura dos pequenos, levada pola a profesora de Lingua e literarura galega, Lorena Seijo.
Falouse das diferenzas entre a vida do neno africano protagonista e a nosa vida, das dificultades coas que se atopa ao largo do seu periplo para atopar auga e comida e como vai pasando de neno a adulto.
A narración resultoulles dífícil sobre todo pola riqueza léxica. A charla resultou moi proveitosa arredor dunha pequena merenda.
Para finalizar o alumnado traballou sobre o léxico elaborando un glosario suahili-galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario