17/11/07

"O banquete" non é o que parece

- O libro para este trimestre será "O banquete", de Platón.
Pensamos que afogabamos. Pois non, "O banquete" non é o que parece. É unha clave básica para poder comprender de onde sacan os libros de texto e as enciclopedias tantos datos sobre a Idade Antiga. Contén múltiples aspectos sobre a vida nunha polis da Hélade: filosofía, costumes, relacións sociais, ocio, traballo, a sociedade, a relixión, mitos... innumerables datos -como xa dixen- que fan d' "O banquete" un libro rico en matices sobre unha parte importante da Historia. E sorprendentes semellanzas coa nosa cultura, como o mito da media laranxa, na que moitos aínda cren...
Aínda que sexa de Ciencias, sei apreciar o valor dun libro, e este, aínda que pareza complicado, non o é. Anímovos a todos a lelo e a poñerlle un pouco de empeño, porque un libro, sexa como sexa, é un libro.

Ningún comentario: