31/01/09

Visitamos a librería

Como nos conta Piuzaky na entrada anterior, o luns pasado tivemos unha interesante e dinámica sesión do club de lectura. Ao remate da sesión decidimos que estaría ben poder ir todos á librería do barrio. Puxémonos en contacto co libreiro de Mendinho, a nosa librería de referencia, a máis cercana (1,6 km dende o insti) e pareceulle unha idea estupenda. Fomos andando nun día que amenazaba chuvia (aquí a amenaza cumpliuse)e recibiunos un libreiro vocacional, Argimiro. En primeiro lugar explicounos o funcionamento dunha librería. Falounos das dificultades das pequenas librerías no medio de tanta gran superficie, aconsellounos visitar algunha editorial (para ver outra parte do proceso). Despois tivemos (todo isto dentro dunha librería pequena)un pequeno debate do que sacamos unha conclusión: é importante que os barrios conten con locais deste tipo, lugares que están a man, a onde podemos ir botar unha ollada cando damos un paseo, do mesmo xeito que nos gustan as pequenas tendas ou as cafeterías do barrio. Alí dentro tamén nos puxemos ao día das novidades editoriais e deixámonos aconsellar sobre posibles lecturas do club para o futuro. Dende logo demos cun libreiro que ama os libros e que os coñece. Para a nosa sorpresa, antes de marchar deulle a cada membro do club un libro de agasallo.



Create Your Own

Ningún comentario: