20/01/09

O único que queda é o amor


"O único que queda é o amor"  é unha das máis premiadas obras do escritor Agustín Fernández Paz pois foi galardonada co  "Premio Nacional de literatura Infantil e Xuvenil 2008", "Premio Xosé Neira Vilas ao libro do ano 2007" e co "Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2007".

Esta obra está constituída por un conxunto de relatos curtos que presentan un trazo en común: en todos eles aparece presente o tema do amor. Xa sexa como un recordo daquela etapa da xuventude que semella estar xa tan lonxana, como unha dor debida a perda  dos causantes deste sentimento ou como a ilusión que nos seus comezos ven ligada a el.

Un libro para todos aqueles que nalgún momeno da súa vida foron vítimas do amor, para aqueles que forxaron todos os seus soños neste sentimento e para aqueles que inspiraron as súas obras, ao igual que este escritor, nel.


E cando me decato de como imos pasar por este
mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas 
estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único
que queda é o amor.

ORHAN PAMUK: Neve






1 comentario:

Beni dixo...

En todo caso vítimas doces do amor, senón por que diría o premio Nobel turco o que aparece na cita?