08/11/10

Makinaria

Este libro de poemas de Carlos Negro foi o centro da sesión que tivemos hoxe. Uns poemas cheos de contido para os nosos mozos e mozas. Como non, a sesión centrouse nos problemas que inquedan aos adolescentes, a súa visión do mundo dos adultos, o salto xeneracional, as relacións cos pais, as influencias dos amigos, os amigos mortos.... Os poemas de Carlos Negro leváronnos ata Bruce Springsteen (Born to run, Thunder road...), Kerouac (On the Road) e a xeneración beat, a necesidade de fuxir, os malosos, a carretera, as drogas, a busca continua de algo novo, os dereitos e os deberes.... e, como case sempre, non nos puxemos de acordo. Apaciguamos os ánimos cuns vídeos do Boss e rematamos co Let the sunshine in. O noso próximo libro será, por votación popular, O principiño, de Saint-Exupery.




Ah! grazas a Inés e Marta polas galletas caseiras e que cunda o exemplo.

1 comentario:

Pablo dixo...

Foi unha gran sesión con temas moi interesantes. E a próxima, co principiño de por medio, seguro que nos dá moito xogo.