12/03/11

Visita de Carlos Negro ao Alexandre Bóveda

Como moitos de vós saberedes, o pasado día 25 de Febreiro viunos visitar Carlos Negro, autor de Makinaria, o último libro co que o clube de lectura estivo a traballar.
O tema central deste libro xira entorno á mocidade, esa mocidade conflitiva, que cos seus bugas queiman goma cada noite no polígono, e que poñen en xaque a súa vida pola busca de adrenalina, pensando no presente, pasando do futuro, e deixando cunha gran angustia todos os días as súas familias, pensando; “Andará ou non andará ben?”.
De entrada, Carlos comezou por advirtirnos do seu propósito nese día; Non viña falar do libro, senón que viña a interpretar o libro.
Tendo agora como referencia o obxetivo que o autor tiña nesta visita, éste mostrounos seis cocheciños de xoguete dos que saía unha musiquiña estridente e repetitiva. Segundo o propietario, isto era a representación gráfica de Makinaria.
A continuación, recitou unha serie de poemas do libro, nos que puña especial énfase e expresividade en cada verso, e tecía cada palabra coma quen sopra no vidro, do que finalmente resulta unha copa, facendo dos poemas cancións sentidas, vividas.
Quero facer referencia a un poema do libro en especial: Sound play session, onde o autor nos involucrou na lectura do poema cos versos “Flipe total, salvaxe e animal” e “Domingo pola tarde, aceleración”, que repetíamos nos instantes onde el no-lo indicaba.
Fago un inciso para mencionar o acto simbólico que o autor realizou nese día, ao dispor case noventa coches de xoguete enriba da mesa dende onde falaba, nos que se representaban o número de mortes de adolescentes en accidentes de tráfico en Galicia por ano.
Entre poema e poema, foinos falando acerca de diferentes aspectos referentes á poesía, dos que escollín os fragmentos máis significativos:

- “O escritor ten que poder imaxinar o que sexa”.
- “A poesía que sintes como túa é aquela que máis nos gusta e que nos dí algo, que sentimos como nosa”.
- “Unha das calidades fundamentais dun bo escritor de literatura é a capacidade de poñerse no lugar de outro, xa que isto require moito traballo e dedicación”.
- “Escoitar as poesías interpretadas por alguén aporta lle toda esa maxia que perde o poema ao ser lida de seu”.

Chegando ao final desta visita, Carlos narrounos un conto infantil titulado Frederick, onde ensina ao lector unha sabia lección; non só é valioso todo aquelo que é tanxible, senón que a veces, o abstracto, o pertencente o mundo dos pensamentos, pode chegar a ser unha reliquia comparado co demáis, e é por iso polo que nunca hai que infravaloralo.
Para rematar, o autor deunos a cada un de nós unha caixiña de plástico redondeada que contiña, ademáis dun sugus (que todos agradecimos enardecidamente), un verso dun poema escrito nun anaco de papel, de diferentes autores, e cada un diferente do anterior. Os seguintes son algúns exemplos dos versos que a mín persoalmente máis me gustaron:

- “Somos dúas coordinadas copulativas”.
- “Sexamos sempre xuntos liñas paralelas”.
- “O meu sexo sen o teu sexo non é ningunha revolución”.
- “Quen me dera ser gato para vivirte sete veces”.

E para rematar, o meu favorito (e o da mayoría dos alí presentes):

- “Eu meu amor ainda o levo con el na costura das bragas”.

Yago Rodríguez Barril
1ºbachB



4 comentarios:

Beni dixo...

Moi ben, yago. Vexo que os libros "pequenos" tamén nos proporcionan grandes reflexións.

Mar dixo...

Excelente crónica, Yago. Non coñecía "Makinaria", pero apúntomo. A charla debeu estar moi ben ademais, polo que contas.
Por certo, "Frederick" é un conto marabilloso, a min polo menos encantoume, e as ilustracións tamén son moi bonitas.

luca dixo...

Ás veces ler cousas da biblio do insti é como cando vas pasear á praia e respiras fondo. Dá gusto sentir ese aire fresco, e dá gusto ver que xente como Yago emocónase coa poesía.

Luz Valencia dixo...

Moi ben Yago, é importante disfrutar das lecturas, pero tamén é moi importante compartilo coa xente. Graciñas por tomar o tepo de facelo (cousa que non é doado na túa "busy life"!)