06/02/12

A chave da Atlántida e Lume de Cobiza

Estas dúas obras, de Anxo Fariña e Miguel Anxo Fernández respectivamente, foron o noso punto de encontro nas sesión do luns 30 de xaneiro. A primeira co primeiro ciclo e a segunda co club de maiores. Os de primeiro ciclo viñan preparados nos mitos da Atlántida, gustoulles moito o libro e terán ocasión de compartilo co seu autor, que nos visitará en breve. A segunda obra enmárcase dentro das actividades que neste trimestre temos dedicadas á novela policial, e aínda que non todo foi entusiasmo, puidemos apreciar algunhas das características da novela negra, como a crítica social, a loita contra a corrupción... o que nos levou a algunha discusión interesante sobre a sociedade na que vivimos. Afondaremos máis coa lectura dun clásico: Cosecha roja, de Dashiell Hammett. Darán colofón a esta actividades unha exposición sobre a novela policial e a probable visita de Miguel Anxo Fernández.


2 comentarios:

Miguel Anxo Fernández dixo...

Contade comigo cando queirades (só é cuestión de amañar hora e dia), e graciñas pola confianza nas peripecias do amigo Frank :)... Saúdos!

adrián m dixo...

precioso libro increible aventura+amistad(o amor)+acción