20/03/12

Comida con "Pel de lobo"

 Sesión do primeiro ciclo o día 19. Foi primeira sesión do primeiro ciclo con comida na biblioteca arredor de Pel de lobo, de Xosé Miranda. Faltaron uns poucos, porque había compromisos do Día do Pai. Aproveitamos para inscribir a todos/as na aula virtual, a través da que teremos un contacto máis fluído. Falamos moito das historias de medo e de licantropía. Situámonos na Galiza rural de principios do seculo XX, sen electricidade, tratando de imaxinar de onde xurden os medos e os contos. Sairon a pasear tamén a Santa Compaña, San Andrés de Teixido e algunhas historias que algúns lembraban "dende pequenos". Tamén se estableceron algunhas comparacións cun famosos lobos crepusculares. En xeral gustou o libro de Xosé Miranda, aínda que comprobamos con certa sorpresa como somos máis propensos a crer nas fantasías americanas que nas nosas propias. Para a próxima sesión cambiaremos de tercio, leremos Vaiche boa!, con moito humor. E quedamos citados para a ruta literaria a Celanova.

1 comentario:

Anónimo dixo...

q magóa q eu no popdera ir..pero q se le vai facer!a miñas amigas(q si foron)dixerome q estivo moi ben e q comeran moi agusto.Arrepintome moito d haberme esquecido dela :( espero q a repitan o ano q ven! :)