24/04/12

“Onde o mundo se chama Celanova”, Ruta literaria 2012

Baixo este título do autor celanovés Celso Emilio Ferreiro, o club de lectura do I.E.S Alexandre Bóveda conmemora o centenario do seu nacemento, adentrándose outro ano máis no círculo biográfico e literario dun dos poetas que marcaron o rumbo da nosa historia, non só literaria, senón tamén lingüística, política e social.


Nun segundo plano, mais non por elo menos importante, acollemos na nosa visita a un dos piares do que agora entendemos por Galicia: Curros Enríquez, autor do Rexurdimento que, xunto con Pondal e Rosalía (cada ún aportando a súa visión persoal), deron un significado propio a nosa lingua e cultura, renovando así aquel antigo esplendor do medievo, daquela xa esquecido.



Deixando a un lado as clases de literatura, procedo co desenvolvemento da crónica:

Con motivo do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o club de lectura realizou o pasado día xoves 12 de abril, unha ruta literaria a través dos lugares que marcaron a vida e a obra do autor, aproveitando de paso para facer unha visita ao pobo de Vilanova dos Infantes, e dando por terminada a viaxe cun relaxante baño nas termas de Outariz, en Ourense.


Tras case dúas horas de viaxe dende Vigo, o autobús deténse en Celanova. Alí, o primeiro que nos vén á mirada non é outra cousa que o portentoso mosteiro de San Salvador, centro neurálxico sobre o que se vertebrou a cidade, sendo no século XIX reconvertido en concello e instituto. Unhas poucas rúas máis adiante, chegamos ao que nun tempo foi a vivenda de Curros Enríquez, agora reconvertida na fundación do mesmo nome


A “Fundación Curros Enríquez” foi unha das iniciativas que fraguou logo dunha serie de tentativas en base a súa rehabilitación e posterior utilización que, por unhas ou por outras, non se levou a cabo ata os derradeiros anos do século XX. Así, na primeira década do século XXI finalízase a restauración e musealización deste complexo, destinado a achegara os seus visitantes o mundo sobre o que Curros, Celso Emilio e outros autores de Celanova (ou próximos a ela) se moveron, determinando as súas vidas e obras. Nesta primeira parada, tal e como manda a tradición, recitamos os textos preparados para a ocasión: “Cantiga”, de Manuel Curros, e “Irmaus”, de Celso Emilio, coa compañía do alumnado do IES de Maceda.


Nesa hora que durou a visita ao edificio, dous guías da Fundación achegáronnos ás vidas dos autores baixo aquelas paredes de pedra, guiándonos por entre a súa historia e o seu contido.


A nosa seguinte parada foi o mosteiro anteriormente mencionado de San Salvador. Nun primeiro, visitao brigada á monumental igrexa de estilo barroco, distribuída nunha base de cruz latina, con teito abovedado, e coroada nunha cúpula, baixo a cal se sitúa o altar, encabezado por un asombroso retablo, que ao igual que o conxunto da construcción, non deixa indiferente a nadie.


Tras visitar o mosteiro, a penas albiscar un pouco do claustro e facer unha lectura de “Non”, xunto ao busto de Celso Emilio, rematamos a visita a Celanova coa lectura de dous poemas de ambos autores: “Mirando ao Chau”, e “Nocturnio”, ante a atenta mirada do monumento currosiano, na praza do seu mesmo nome.


Tras dúas horas de visita, o bús lévanos cara a vila de Vilanova dos infantes, lugar de referencia na obra de Curros, pois é alí onde repousa aquela virxe ao que o autor dedica unha das súas obras: “A Virxe do cristal”.


Nesta vila descansa a Torre da Homenaxe, antiga testemuña do que antes fora un castelo medieval do século XI, pero que tras a revolta irmandiña quedou reducido ao dito. Nela, unha guía amosounos a través de paneis informativos a historia do lugar: Dende o asentamento celta en Castromao, pasando pola convivencia celta-romana, ata a descrición da forma de vida na comarca no século XIX.


Tras a visita á torre, o anuncio do xantar foi acollido con gran alegría. Mais o xantar era cousa duns minutos, pois cumpría pasar un rato cos amigos botándolle unha ollada á vila e desconectando do estrés urbano.


Pero non podía faltar nunha viaxe a Ourense a visita das súas fontes termais, situadas á beira do río Miño. As termas de Outariz fixeron as delicias de todos os alumnos que as disfrutamos, e aínda que as propuxemos para facer alí unha das nosas próximas reunións, parece que non deu o resultado agardado.


Así é todo, Celanova, Celso Emilio, Vilanova, Curros Enríquez e Outariz foron os termos clave para facerdesta ruta literaria 2012 do club de lectura unha boa lembranza, que espero que permaneza presente na nosa memoria cando nun futuro nos lembremos da nosa pasada polo Alexandre Bóveda, pois agora somos poucos os que vemos nesta viaxe a sentencia da nosa traxectoria polo club (deixamos o insti este ano), mais espero que tamén fora para moitos o inicio dunha apaixoante aventura cara o cosmos literario.


Sen máis, dou por rematada esta crónica, coa esperanza de chegar a ler no vindeiro curso unha nova entrada no blog, a cal me fale do ben que o pasou o club de lectura na rutaliteraria 2013.


Yago Rodríguez Barril

2ºbachB


4 comentarios:

Anónimo dixo...

esta escursion fue genia q la repitan pronto!!!lo mejor d todo fueron las termas,q bien se estaba alli...creo q hablo en nombre d todos diciendo q en esta escursion se merece un 10

alicia dixo...

si e certo a escursión foi moi divertida!gutaríame moito que o ano que vén a repetiran.As termas,a casa de Curros,a comida...foi todo tan "perfecto..."o club de lectura si que sabe facer que as escursions sexan "especiais"

Unknown dixo...

Non quero que o club de lectura se acabe, porque alí é onde a ducia de cabezas tolas reunímonos para falar dos libros que Beni nos manda, libros que normalmente non leríamos e que(a maioría) acábannos gustando.
Aquí falamos persoas que non nos conocíamos e encontramos temas comunes, persoalmente, para o ano que ven, contade polo menos conmigo, que encóntro mais víctimas para este club de locos e pasarémolo en grande
;)

alicia gonzalez dixo...

me gusto mucho la escursion y espero q para el año q viene volbamos a hacer esa escursion oa otro sitio me encanto esta escursion