SOBREMESA SOBRE VERSOS DE RAQUEL CASTRO
O mércores 28 de febreiro tivo lugar na nosa biblioteca a última xuntanza do club de lectura.
Nesta ocasión os dous clubs, os dos pequenos e o dos maiores, reuníronse para comentar o último libro de Raquel Castro. "Sobremesa sobre versos" acompañados pola profesora Ana López.
Aos rapaces gustoulles moito porque é unha historia moi tenra sobre a relación dunha neta ,Uxía coa súa avoa Sica, durante os dous anos da pandemia.
Aínda que a avoa sofre de Alzeimer, lembra as súas receitas tradicionais da súa aldea no Courel, cos alimentos de tempada que van unidos as estacións, e que cociña coa súa neta.
Tamén trata a homosexualidade do único veciño e amigo da avoa, este tema vai unido ao despoboamento do noso rural.
Foi unha sesión moi inspiradora porque todo o alumnado comentou estos temas tan relevantes na novela e na nosa sociedade.
Como na sesión nos acompañou Lamine, un profesor de árabe senegalés que está connosco por razóns de asilo político, poidemos comparar as relacións cos avós en África e en Europa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario