VISITA DE RAQUEL CASTRO
Esta semana tivemos a sorte e o pracer de contar coa visita da autora Raquel Castro.Veunos falar do seu último libro: "Sobremesas sobre versos".
Estaba presente o alumnado dos clubs de lectura, que leran a obra e da que conversaramos con anterioridade na sesión do club de lectura, e o alumnado de 1ª de ESO de exención e o de 3º de ESO de PDC.
Foi unha charla moi amena e instructiva, na que Raquel falou de varios aspectos da súa novela como a importancia das tradicións e da memoria, e o alumnado interesouse por saber cal fora a súa motivación para escribir este libro ou en quen se inspirara para os seus personaxes.
Agradecemos a Raquel a ledicia de poder mergullarnos na lectura do seu libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario