Iris Darriba é a autora dunha curtametraxe de animación a plastilina acompañada pola música do Señor dos Anéis. Iris, alumna do Ies Alexandre Boveda, xa comenzara fai anos a colaborar en concursos de ilustración que organizaba a biblioteca do instituto. O seu talento evidente, veuse agora ben recoñecido no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña. Moitos alumnos galegos puideron disfrutar xa desta proxección didáctica.
- ¿Cando a veremos nós?
- Pois é algo difícil por que a obra eu non a teño. Teño os fotogramas sen montar.
- ¿Recordas cando empezaches a interesarte por este tipo de actividades?
- Foi en 4º da ESO por un traballo que tiven que facer cun amigo. Había que facelo por escrito ou por vídeo, decidín encangarme de facer unha pequena presentación. Curta e pequena.
- ¿É difícil entrar neste mundo?
- Eu aínda non entrei! –risas- pero bueno, sí.
- ¿Consideras as actividades que organiza a biblioteca axudáronte en algo?
- Na entrevista de Faro mencionan “e cunha enerxía e madurez quizáis un pouco sorprendente nunha alumna de segundo de bacharelato.... ” crees que a xente da túa idade é desinteresada ou pouco creativa?
- Iso depende de cada persoa, pero polo xeral a xente da nosa idade pasa olímpicamente de todo- máis risas.
- ¿Estás ti no grupo dos creativos?
- Si- xesto divertido.
- Foi sorte, casualidade ou destino merecido que che ofreceran este traballo?
- Casualidade. Eu coñezo o mozo que tiña que facer este traballo, entón el como vira un traballo meu decidiu aceptarme. Propoñerme o curto.
- O Señor dos aneis, ¿e unha das novelas máis importantes do século XX, que sentes?
- Moi friki! –risas- o certo é que fíxeno como me deu a gana por que dixenme “Cómo é Gandalf?” Vai a cabalo branco, coa súa capa e demáis cousas… “Pois vou poñerlle o que me dea a gana” entón o vestín con un gorro hortera e un cabalo medio pirado… e dicir, fixen o meu propio Gandalf.
- Cando a Sinfónica acompañou a túa obra, ¿qué sentiches?
- Estaba sentada no palco e tiña toda a pantalla diante e a orquestra debaixo. Foi impresionante e estaba impaciente por que o puxeron ó final e estaba todo o rato “¡Ai Deus que non o van a proxectar!”. O final foi máxico ver o meu traballo exposto diante de centos de persoas e os nenos murmuraban “Buaaa… plastilina!”
- Finalmente, por insitencia de Beni, ¿seguirás colaborando coa biblioteca?
- Pois gustaríame moito seguir colaborando cando me vaia do instituto. Téñolle cariño, levo moito tempo, fun das primeiras colaboradoras.
- Moitas grazas Iris, xa tes dous admiradores.
1 comentario:
Xa non me lembraba disto. Cómo voto de menos as reunións nos recreos e os famosos libros do mes. mira que lelos todos e nunca gañar...hahaha.
Espero facervos unha visita en breves.
Agradézo, ainda que nunca llelo dixera (a Juan e a Pabliño) que se molestasen en facerme aquela entrevista.
Un bico dende terras Pontevedresas.
Publicar un comentario