"O único que queda é o amor" é unha das máis premiadas obras do escritor Agustín Fernández Paz pois foi galardonada co "Premio Nacional de literatura Infantil e Xuvenil 2008", "Premio Xosé Neira Vilas ao libro do ano 2007" e co "Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2007".
Esta obra está constituída por un conxunto de relatos curtos que presentan un trazo en común: en todos eles aparece presente o tema do amor. Xa sexa como un recordo daquela etapa da xuventude que semella estar xa tan lonxana, como unha dor debida a perda dos causantes deste sentimento ou como a ilusión que nos seus comezos ven ligada a el.
Un libro para todos aqueles que nalgún momeno da súa vida foron vítimas do amor, para aqueles que forxaron todos os seus soños neste sentimento e para aqueles que inspiraron as súas obras, ao igual que este escritor, nel.
E cando me decato de como imos pasar por este
mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas
estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único
que queda é o amor.
ORHAN PAMUK: Neve
1 comentario:
En todo caso vítimas doces do amor, senón por que diría o premio Nobel turco o que aparece na cita?
Publicar un comentario