06/06/26

 


ÚLTIMA SESIÓN DOS CLUBS DE LECTURA


IDENTIDADE DE NEE BARROS









Para rematar este curso, os participantes dos clubs de lectura leron Identidade de Nee Barros.

Esta obra explora a liberdade e a construcción da identidade, abordando as loitas de un rapaz para se

 afirmar na sociedade.

A sesión foi levada por algúns integrantes do Comando Igualdade do noso centro, coordinado pola

 profesora de Inglés: Cristina














 

UHHHHH! de AN ALFAYA

Para celebrar o Día das Letras galegas adicada a Begoña Caamaño, os clubs de lectura reuníronse para comentar a obra de An Alfaya : UUU-UUU BEGOÑA!





A sesión foi levada pola profesora de lingua e Literatura galega: Bea Varandas

Posteriormente recibimos a autora .

Os alumnos fixeron unha pequena representación dunha parte da obra

A charla coa autora resultou moi amena e  enriquecedora.




























 HISTORIAS PARA COÑECERMOS VIGO. O BARRIO DE                                                        COIA








O 8 de abril tivo lugar na biblioteca outra sesión do club de lectura. Nesta ocasión levada por a profesora de matemáticas Belén Pombo  . O libro elexido foi o libro de María Reimondez sobre o barrio de Coia.

O alumnado falou do seu barrio e a actividade final consistiu na elaboación dun mapa do seu barrio ideal.

















15/04/26

 CUARTA SESIÓN DOS CLUBS DE LECTURA

NO CLUB DE LECTURA DOS PEQUENOS COMENTOUSE A OBRA O PRINCIPIÑO DE ANTOINE DE SAINT EXUPÉRY.


O ALUMNADO, DESPOIS DE COMENTAR A OBRA,IMAXINOU OUTRO PLANETA ONDE O PRINCIPIÑO POIDO TER PARADO ANTES DA SÚA CHEGADA Á TERRA.














OS NENOS DA VARIOLA DE MARÍA SOLAR FOI A OBRA COMENTADA NO CLUB DE MAIORES.

 

 


 

 

 

A SESIÓN FOI LEVADA POR ANA SOMOZA, PROFESORA DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLA.

 


TERCEIRA SESIÓN  DOS CLUBS DE LECTURA

O 27 DE XANEIRO TIVO LUGAR OUTRA SESIÓN DOS CLUBS DE LECTURA

NUNCA MASCOTAS DE PAULA CARBALLEIRA








FOI A LECTURA DO CLUB DOS PEQUENOS. A SESIÓN FOI LEVADA POR LORENA SEIJO, PROFESORA DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS . 

TRÁTASE DUN POEMARIO . O ALUMNADO ELIXIU  E LEU O SEU POEMA PREFERIDO.

REMATOUSE A SESIÓN COA ELABORACIÓN DUN MARCAPÁXINAS.

























A TRENZA DE LAETITIA COLOMBANI 




 








ESTA OBRA FOI A ELECCIÓN PARA O CLUB DE MAIORES.

A SESIÓN FOI LEVADA POR SERGIO PIÑA, PROFESOR DE INGLÉS.

 

 

 

 

 

 

 

03/01/26

 


SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

LUME DE J.L.BAÑOS DE COS





A sesión foi unha sesión conxunta do club dos pequenos e dos maiores, levada pola profesora de Lingua e Literatura galegas: Beatriz Varandas.
Aparte de falar da obra de teatro e de dar boa conta dun pastel, o alumnado puso en escena algúns dos actos da obra.








 


PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS MAIORES

O CORAZÓN DE BRANCA DE NEVE DE FRANCISCO CASTRO



É unha novela policial e de suspense que conta a historia do inspector Hermida que investiga a desaparición dunha bebé robada a unha rapaza inmigrante.
A sesión foi levada pola profesora de francés e coordinadora do club de lectura Mer Pérez.








 


PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA  DOS PEQUENOS

PALABRAS DE CARAMELO DE GONXALO MOURE





Nesta ocasión reunímonos para falarmos de Kori, un neno xordo e poeta que vive nun asentamento saharaui.

 Gustou o libro por contar a historia dun neno que vive nun mundo tan diferente ao noso. 

César de 2 ESO explicounos moi ben a situación xeo-política dos campamentos.

 Falamos dos  personaxes, da historia e para rematar traballamos en grupos. Elaboramos un pequeno léxico saharaui, escribimos as palabras clave do libro noutras linguas e noutas linguaxes e elaboramos uns acrósticos co nome dos dous protagonistas da nosa historia: Caramelo e Kori.

A sesión foi levada pola profesora de francés e coordinadora do club de lectura Mer Pérez.











13/07/25

 


SAÍDA FIN DE CURSO 


Para celebrar o final deste curso escolar ,o alumnado dos clubs de lectura e do club de manga, pasamos unha xornada moi agradable. Collimos o barco ata Cangas e logo fixemos a andaina ata Limens, onde almorzamos e poidemos desfrutar un rato do baño e do sol.