LA
MECÁNICA DEL CORAZÓN - MATHIAS MALZIEU
Compartir
unha charla cos alumnos de 1º de ESO inscritos no club de lectura
do IES Alexandre Bóveda de Vigo sobre o libro La
mecánica del corazón pareceume unha experiencia fantástica
para un profesor, e, sen esperalo, saquei un bo número de aspectos
positivos da mesma.
A
charla comezou na biblioteca do instituto cunha pequena introdución
do libro grazas á cal puiden apreciar que os alumnos sacaran as
súas propias conclusións sobre a lectura, que en moitos casos, non
se asemellan ás do resto de compañeiros nin ás do profesor. Iso
non quere decir que a lectura non fora comprendida polos alumnos,
senón que se puido apreciar en tan só cinco minutos, o realmente
bonito e sorprendente da lectura, que é o poderoso que resulta ler
para a mente do que ten o libro nas mans. Poder sacar cada un as súas
propias ideas, conclusións e trasladar as nosas mentes onde nos
faga chegar o libro é, sen dúbida, o cautivador dun bo libro de
lectura e todo isto manifestouse nos comentarios que ían surxindo a
medida que avanzaba a sesión.
Pouco
a pouco fomos desgranando con todo detalle o argumento do libro
analizando o seu xénero, comentando a historia de cada un dos
personaxes e como se relacionaban entre si. Ademáis, tamén
comentáronse outros aspectos importantes que hai que ter en conta
nunha boa lectura como son o espazo e o tempo onde se desenvolve a
historia, a estructura lineal da novela narrando a concepción do
amor dende o punto de vista dun adolescente de catorce anos e o tipo
da linguaxe utilizada, neste caso unha linguaxe coidada, fresca e
sinxela que foi a empregada polo autor Mathias
Malzieu durante todo o libro.
Para
rematar, fomos ao departamento de tecnoloxía do centro para que o
alumnado poidera ver de primera man como se desenvolve a impresión
dun producto previamente deseñado polo profesor mediante unha
impresora 3D. Debido á gran historia de amor que un dos
protagonistas do libro vivía cun corazón artificial consideramos
apropiado deseñar uns chaveiros con forma de corazón que
posteriormente entregamos aos alumnos asistentes.
Felicito
o labor do equipo docente encargado do club de lectura polo excelente
funcionamento do mesmo, así como polo bo momento que me fixeron
pasar en compañía dos alumnos. Considero moi recomendable esta
experiencia a outros profesores e alumnos.