22/05/22



 IRIDIUM de FRANCISCO CASTRO







O luns 2 de maio puidemos reunirnos e celebrar a xuntanza do club de maiores para comentar  “Iridium” novela de F. Castro, xa que por mor dos confinados por covid, tivo que adiarse e foi conducida pola profesora  Ana López. 

 O argumento gustoulles moito porque basease nun accidente da protagonista, unha rapaza  muy activa nas redes sociais e como as consecuencias do accidente a condicionan a ela e ao  seu entorno familiar e social.

Falamos de como a idealización da beleza nas redes distorsiona  e condiciona non só a vida dos personaxes, senon as vidas e o desenvolvemento das persoas  como acontece na recuperación da protagonista. Como a historia a vamos entendendo a  través dos whatsapp dos distintos personaxes , pareceulles moi innovadora pero moi familiar xa que é un recurso xa integrado na súa vida.










20/02/22

 


CLUB DE LECTURA

               MORNING STAR de XOSÉ MIRANDA





O día 31 de xaneiro tivemos un almorzo literario na biblioteca do IES Alexandre Bóveda para coller forzas e nos prepararmos para o club de lectura que tivo lugar despois.Nesta ocasión foi guíado polo profesor Diego Alfonsín.


 Debido aos contaxios non puideron estar presentes todos os alumnos, pero os que estivemos presentes gozamos dunha interesante conversa arredor do libro Morning Star, de Xosé Miranda. O libro é xa un clásico da literatura galega inspirado na tradición do Stevenson da Illa do Tesouro.


 Os alumnos comentaron os seus momentos favoritos e interesáronse por outros aspectos da obra literaria da que foi obxecto o noso club de lectura. Escoitamos interesantes achegas e tratáronse aspectos e cuestións que fixeron do encontro literario un momento especial que repetiremos de novo con outras lecturas.

 CLUB DE LECTURA   

                  

    A PERLA de JOHN STEINBECK




O 31 de xaneiro reunimos ao alumnado do club de lectura de 1ºESO, guíado pola profesora Rosa Varela, para comentar o libro A perla de John Steibeck, gañador dun premio Nobel de Literatura en 1962. Esta novela curta narra o achado dunha perla de incalculable valor e as consecuencias que acarrea a Kino, un modesto pescador, e a súa familia.

Durante a sesión o alumnado comentou e debateu sobre os diferentes temas que se tratan no libro.

O tema principal sobre o que deron a súa opinión foi a diferencia entre dous mundos, o mundo dos pobres e o dos ricos. Tamén comentaron como as relación humanas cambian en función da situación económica das persoas. Falaron de inxustiza cando recordaban como un médico deixaba de atender a un neno enfermo porque a súa familia non tiña diñeiro.


A figura de Juana, a muller de Kino, foi moi discutida polo alumnado, atopáronna moi sometida a el. Sorprendeulles o seu apoio constante a Kino, a pesar de que ela é a primeira en presentir que a perla só lles ía traer desgrazas.

Para rematar comentaron a ensinanza que nos deixa a obra, como ás veces o que pensamos que nos pode facer máis felices termina por non ser así e o que fai é empeorar a nosa situación.

En definitiva, un libro moi interesante que deu para debater sobre moitos temas.

 

 

 

16/01/22

 

                   


             CLUB DE LECTURA:             HOYOS    DE LUIS SACHAR






       En novembro 2021 tivo lugar unha nova reunión do club de lectura de 1ºESO, neste caso guíada polo profesor Sergio Piña González. Compartimos ideas e experiencias sobre o libro que os alumnos e alumnas leran de antemán.


       Para comezar explicamos onde está Texas, USA. Lugar onde pasa a historia. Os alumnos tiveron a oportunidade de ver cousas de Texas, coma un cinto de cowboy, unha bandeira e incluso comer noces de pecan, que é a árbore do estado de Texas.


Alumnos e alumnas falaron da novela. A maioría expresaron que se ben lles gustou a novela, atoparon partes da mesma longas e non moi interesantes.


Ao comentar os diferentes temas do libro sairon moitos dos que os máis destacados foron:


O castigo- Os alumnos e alumnas, naturalmente, non están de acordo co castigo, e comentaban que lles parecía excesivo.


A amizade- Todos e todas destacaron a amizade dos dous protagonistas da historia. Falaron de como a amizade os salva do inferno que viven no campo de traballo e na vida.


O fenimismo- Os alumnos e alumnas comentan como os personaxes máis “negativos” da novela son mulleres; tanto a malvada directora do campo de traballo, como a muller que maldice á familia de Stanley.


Historia circular- Unha das cousas que máis lles gustou foi como a historia ten unha estrutura circular onde os personaxes do pasado e os do presente resultan ser tataravós e tataranetos co cal, ao rematar a historia remata a “maldición” lanzada  contra a familia de Stanley.


Saíron moitos outros temas tamén como a raza e o status social dos protagonistas como motivo determinante da situación na que se atopan.  A natureza de Texas. As maldicións das familias,...


En definitiva os alumnos e alumnas desfrutaron da sesión e a hora de lectura quedouse curta para falar de todos os temas que saen na novela.