18/12/07

El Niño con el pijama de rayas


La más abominable realidad desde la inocente visión de un niño de tan solo nueve años es lo que nos muestra esta obra.

Sencilla, conmovedora y con un final sorprendente son los rasgos que hacen de esta novela algo simplemente EXTRAORDINARIO.

17/12/07

Sesión do Club de Lectura

O xoves 13 reunímonos para falar do "Nome da Rosa" de Umberto Eco. Foi o noso primeiro coloquio longo.
Estabamos case todos: Benigno, Iris, Helena, Jorge, Juanma, Laura, Juan e Teresa. Faltaban algúns por compromisos ineludibles.
E foi un gustazo.

Falamos do divino e do humano:
- Das referencias na novela a Aristóteles e a Santo Tomás, que nos levaron incluso a falar de Platón e doutros filósofos. A Poética de Aristóteles, levounos ata Horacio e dende aquí, cunha filigrana saltamos ata a Eneida de Virxilio.
- Das diferenzas habidas entre franciscanos, espiritualistas e benedictinos.
- Da presencia (oculta) de Sherlock Holmes e James Bond en toda a novela.
- Das descripcións dos rasgos dos personaxes, das paisaxes e do mosteiro (alguén chegou a comentar que incluso parecía cheirar a humidade).
- Das posibles lecturas para estes Nadais: neno do pixama a raias, cartas de amor de Fran Alonso, Tolkien, Auster, Delibes, Saramago, ...
E sobre todo quedamos en reunirnos un xoves ao mes, polo menos, para seguir falando do divino e do humano.


16/12/07

Mosteiro de Melk

Melk foi residencia dos Babenberg. Alí construíron estes un castelo no século IX, para defender a fronteira da rexión con Hungría. Ao trasladar os Babenberg a súa residencia, Melk perdeu a súa importancia estratéxica, e así en 1089, o margrave Leopoldo II cedeu o edificio aos monxes benedictinos para fundar alí un mosteiro.

Primeiro día. TERCIA

De modo que as ideas, que antes utilizara para imaxinar un cabalo que aínda non vira, eran puros signos, como eran signos da idea de cabalo as pegadas sobre a neve: cando non posuímos as cousas, usamos signos e signos de signos.

Primeiro día. PRIMA

Porque a arquitectura é a arte que máis se esforza por reproducir no seu ritmo a orde do universo, que os antigos chamaban "Kosmos", é dicir, adorno, pois é como un gran animal no que resplandece a perfección e proporción de todos os seus membros.

Primeiro día. PRIMA

... en cada ángulo, a forma cuadrangular procreaba un torreón heptagonal, cinco de cuxos lados asomaban cara a fóra; ou sexa que catro dos oito lados do octágono maior procreaban catro heptágonos menores, que cara a fóra se manifestaban como pentágonos. Evidente, e admirable, harmonía de tantos números sacros, cada un revestido dun sutilísimo sentido espiritual. Oito é o número da perfección de todo tetrágono; catro, o número dos evanxeos; cinco, o número das partes do mundo; sete, o número dos dons do Espírito Santo.

09/12/07

Guillermo de Baskerville

Guillermo de Baskerville é un monxe franciscano que viviu no século XIV. Cun pasado como inquisidor, encárgaselle a misión de viaxar a unha afastada abadía benedictina, para organizar unha reunión entre os delegados do Papa e o emperador, na que se discutiría sobre a suposta herexía dunha rama dos franciscanos: os espirituais.

O abade encárgalle investigar a estraña morte dun monxe ocorrida no interior do recinto para así evitar o fracaso da reunión.

Guillermo de Baskerville chega á abadía en compañía dun novicio, Adso de Melk, quen é o narrador do libro e conta desde a súa perspectiva as vivencias ocorridas na abadía.

Frases entresacadas

- "Foxe, Adso, dos profetas e dos que están dispostos a morrer pola verdade, porque adoitan provocar tamén a morte de moitos outros, a miúdo antes que a propia, e ás veces en lugar da propia."

- "A risa é a debilidade, a corrupción, a insipidez da nosa carne."

- "...a beleza do cosmos non procede só da unidade da variedade, senón tamén da variedade na unidade."

- "...a ciencia non consiste só en saber o que debe ou pode facerse, senón tamén en saber o que podería facerse aínda que quizá non debese facerse."

- "... facedes, e sabedes por que facedes; pero non sabedes por que sabedes que sabedes o que facedes"

- "Que pacifica sería a vida sen amor. Adso. Que segura. Que tranquila. E que insulsa".

A canción de Salvatore

Salvatore, o jorobado, no momento de ser queimado, interpreta unha nana. En italiano o seu nome é “Ninna nanna a sette e venti”. O fragmento cantado na película é:

Nana das sete e vinte,
o neno dórmese.
Nana das sete e vinte,
ao neno sáenlle os dentes,
e faise un intervalo
entre a tarde e a mañá.
Nana das oito e dúas,
o neno chora.
Nana de onte,
o neno non soporta o berce
e o berce non soporta ao neno,
e a vida non é a morte


24/11/07

Primeiras páxinas

Son sorprendentes os personaxes que case se poden ver n'O nome da rosa... novicios curiosos, beneditinos dectetivescos, cabalos veloces e abades preocupados. As paredes de pedra parecen rezumar historia e o contexto non podería ser máis axeitado. Non podo escribir máis porque o tempo non me deixa.

17/11/07

"O banquete" non é o que parece

- O libro para este trimestre será "O banquete", de Platón.
Pensamos que afogabamos. Pois non, "O banquete" non é o que parece. É unha clave básica para poder comprender de onde sacan os libros de texto e as enciclopedias tantos datos sobre a Idade Antiga. Contén múltiples aspectos sobre a vida nunha polis da Hélade: filosofía, costumes, relacións sociais, ocio, traballo, a sociedade, a relixión, mitos... innumerables datos -como xa dixen- que fan d' "O banquete" un libro rico en matices sobre unha parte importante da Historia. E sorprendentes semellanzas coa nosa cultura, como o mito da media laranxa, na que moitos aínda cren...
Aínda que sexa de Ciencias, sei apreciar o valor dun libro, e este, aínda que pareza complicado, non o é. Anímovos a todos a lelo e a poñerlle un pouco de empeño, porque un libro, sexa como sexa, é un libro.

16/11/07

CREPÚSCULO

Ainda que sexas da clase de persoas ás que no

11/11/07

Entrevista con Umberto Ecco, extraida de "LA REPUBBLICA"

- Que é o que non sabemos todavia do "Nome da rosa"?

- ... recordo que pasei un ano enteiro sen escribir unha soa liña. Lía, facía debuxos, diagramas, en suma, inventaba un mundo. Debuxei centos de labirintos e plantas de abadías, baseándome noutros debuxos, e en lugares que visitaba.

- ¿Por que esa esixencia visual?

- Era un xeito de tomarlle confianza ao ambiente que estaba imaxinando. Por exemplo, necesitaba saber canto tardaban dous personaxes en ir dun lugar a outro. E iso definía tamén a duración dos diálogos que, por outra banda, non estaba tan seguro de poder lograr.

- Entendo os lugares, pero por que debuxar tamén aos monxes da abadía?

- Necesitaba recoñecer aos meus personaxes, mentres os facía falar ou actuar, pola contra non sabería que facerlles dicir.

- No fondo, fixo unha operación análoga algúns anos despois co "O nome da rosa". Por que elixiu ese título?

- Era o último dunha lista que incluía entre outros "A abadía do delito", "Adso de Melk", etcétera. Todos os que lían a lista dicían que "O nome da rosa" era o mellor.

- É tamén o peche da novela, a cita latina.

- Que eu inserín para despistar ao lector. Pero o lector o que fixo foi seguir todos os valores simbólicos da rosa, que son moitísimos.

- A imaxe da rosa termina a novela. Pero o verdadeiro problema para un escritor, sobre todo se é debutante, é como iniciala. Con que disposición mental, con que dúbidas púxose fronte á primeira páxina.

- Nun primeiro momento a idea era escribir unha especie de novela policiaca. Despois, deime conta de que as miñas novelas nunca empezaron a partir dun proxecto, senón dunha imaxe. E na imaxe que se me aparecía recordábame a min mesmo na "Abadía de Santa Escolástica", fronte a un atril enorme onde lía as "Acta Sanctorum" e divertíame como tolo. De aí a idea de imaxinar a un benedictino nun mosteiro que mentres le a colección encadernada do manifesto morre fulminado.



06/11/07

Frases de Umberto Eco:

"O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le".

"Hai libros que son para o público e libros que fan o seu propio público".

"Hoxe non saír en televisión é un signo de elegancia".

"A maquinaria que permite producir un texto infinito cun número finito de elementos existe desde hai milenios: é o alfabeto".

"Os libros son esa clase de instrumentos que, unha vez inventados, non puideron ser mellorados, simplemente porque son bos. Coma o martelo, o coitelo, a culler ou a tesoira".

cisterciense


Máis cousas


franciscano

Interésalle profundamente Sherlock Holmes e participou no libro que trata sobre a técnica deductiva do detective, O signo dos tres: Dupin, Holmes, Peirce, ademais atopamos diversas referencias a Arthur Conan Doyle e ós seus personaxes en moitas das súas novelas, principalmente en O nome da rosa.

É considerado tamén un “bondólogo”, expresión creada para designar ó experto en James Bond. É un destacado estudioso do axente secreto 007, o famoso personaxe creado por Ian Fleming. Sobre Bond escribiu "Il Caso Bond" (The Bond Affair) (1966), con Oreste Del Buono.

Sabes que:

Umberto Eco naceu en Alexandría,Piamonte, Italia, o 5 de xaneiro de 1932. É filósofo, semiólogo e novelista. Doutor Honoris Causa por 25 universidades do mundo e Premio Príncipe de Asturias de Comunicación no ano 2000.

Fíxose popular a través de dúas novelas, O nome da rosa (1981) e O péndulo de Foucault (una conspiración secreta de sabios, construida en torno a temas esotéricos). (1988)

05/11/07

Libro do trimestre

"O nome da rosa" de Umberto Ecco.