21/06/08

Valoración do ano.

Co inminente remate deste curso, crín convinte facer unha pequena valoración máis ou menos persoal do que resultou o Club de Lectura este ano.
E convido a todos a facer o mesmo.
Sen dubida algunha, o Club de lectura foi unha das millores creacións da biblioteca.
Como saberedes eu non fun dos primeiros en unirme, quizais sexa algo do que me arrepinto, pero o feito de estar en contacto constante cos membros de Club fixeronme ver que a idea era boa, e uninme.
Sen dúbida un gran acerto.
Sendo xa membro oficial, coñecin a unha serie de persoas que de outro xeito non chegaría a coñecer, e iso é unha das principais cousas que lle agradezo.
Logo teño que dicir que, falando xa un pouco por todos, tivemos a oportunidade de coñecer a 3 escritores e falar con eles, cantas veces se ten a oportunidade de falar cun escritor?
A ruta de Rosalía foi sen dubida a xoia da coroa deste ano, visitar todos eses lugares vinculados a escritora e ler poemas, simplemente xenial.
Prao ano unirase máis xente, cos que xa tivemos ocasión de estar o outro día, aínda que sempre botaremos de menos aos compañeiros e compañeiras de 2º de Bach que nos deixan este ano. Agardo que lles vaia moi ben.
O ano que ben tentaremos millorar este, cousa difícil.
E seguiremos obrigando aos periodicos a sacar fotos miñas! E dos demais tamén, non vos enfadedes.
Veña agardo as vosas valoracións.
Deica o ano que ben!

Pensado e escrito por Pablo.

19/06/08

Pechamos por vacacións

O noso club chegou ó fin de curso. Foi un ano moi interesante para este coordinador do club. É case a primeira vez que teño que scribir no blog, e só quero facelo para dar as grazas a todos e todas , que participastes de maneira tan xenerosa nesta aventura que vai deixar semente para o futuro: Sabede que temos xente facendo a pretemporada e están dispostos/as a subir ó primeiro equipo. Para o próximo curso xogaremos na "Champion-li". Grazas Pablo e Juan por ser tan productivos. Grazas David e Cristina por engancharvos. Grazas Sole por ter voz independente. Grazas Laura e Juanma por non dicir que non. Grazas Pablo F. porque esperamos recuperarte para o ano. Grazas Laura S., xa van tres anos de lecturas e o que nos queda. Pero sobre todo, de corazón, grazas ós que estes días andades de selectividade: Jorge, a voz analítica, crítica e necesaria en toda tertulia; Helena, capaz de transmitirnos que se pode ler a Platón sen morrer no intento; Iris, esa artista que fai posts en inglés. E...SUPERTERESA... esperamos que te recuperes axiña, que para o ano querémoste incordiando nas tertulias, senón non terei quen me leve a contraria.
Non estivo mal para este primeiro ano. A que non?
Agora descanso e libros, que no próximo curso imos arrear.