04/12/19

CLUB DE LECTURA

INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE




O luns 11 de novembro fixemos a sesión da novela Indómita e a semente da inmortalidade de Álex Mene. Foi una sesión muy interesante porque a novela gustou moito ao alumnado e ademais Alex Mene , autor e profesor do centro , participou na sesión.
As protagonistas da novela son personaxes femininos : a exploradora Indómita e a natureza; isto dalle a volta aos roles tradicionais dos personaxes na literatura e na ciencia e os rapaces comprendéronno moá ben e encantoulles.
A sesión foi conducida por Ana López, profesora de inglés e coordinadora da biblioteca, quen ía descubrindo e relacionando os ecos de outras obras literarias e contos tradicionais para a sorpresa dos participantes que eran entonces quen de recoñecelos e sorprenderse ao mesmo tempo.
O autor foi desenmarañando a madella levándonos da maén con ese fío conductor da tradición oral, así como facéndolles reflexionar nesa dualidade dentro/fora,presente/pasado,xenerosidade/egoísmo e as veces descubrindo lecturas que nin o autor imaxinara.














MITA