31/01/09

Visitamos a librería

Como nos conta Piuzaky na entrada anterior, o luns pasado tivemos unha interesante e dinámica sesión do club de lectura. Ao remate da sesión decidimos que estaría ben poder ir todos á librería do barrio. Puxémonos en contacto co libreiro de Mendinho, a nosa librería de referencia, a máis cercana (1,6 km dende o insti) e pareceulle unha idea estupenda. Fomos andando nun día que amenazaba chuvia (aquí a amenaza cumpliuse)e recibiunos un libreiro vocacional, Argimiro. En primeiro lugar explicounos o funcionamento dunha librería. Falounos das dificultades das pequenas librerías no medio de tanta gran superficie, aconsellounos visitar algunha editorial (para ver outra parte do proceso). Despois tivemos (todo isto dentro dunha librería pequena)un pequeno debate do que sacamos unha conclusión: é importante que os barrios conten con locais deste tipo, lugares que están a man, a onde podemos ir botar unha ollada cando damos un paseo, do mesmo xeito que nos gustan as pequenas tendas ou as cafeterías do barrio. Alí dentro tamén nos puxemos ao día das novidades editoriais e deixámonos aconsellar sobre posibles lecturas do club para o futuro. Dende logo demos cun libreiro que ama os libros e que os coñece. Para a nosa sorpresa, antes de marchar deulle a cada membro do club un libro de agasallo.



Create Your Own

Reunión do día 26 e excursión a librería.

Agora si, case unha semana despois podo colgar a noticia da última reunión e da última excursión. Cousas de exames.
Empezarei pola reunión.
O pasado Luns 26 o Club de Lectura reuniuse por segunda vez este ano, esta vez en torno os libros “Todo o que queda é o amor” de Agustín Fernandez Paz, e “El pequeño gran libro de la ignorancia” de John Lloyd.
Empezamos falando do libro Agustín, onde entre outras cousas, comentamos formas de mocear de outras épocas e as comparamos coas actuais. O libro tivo un gran éxito entre nos e seguramente algunha persoa o volva a releer. Enganchamos logo co libro da ignorancia. Pra poñer a xente en situación limos o prólogo e curiosamente, topamos relación entre os dous libros. O libro da ignorancia deunos pé a falar sobre a influencia da tecnoloxía, e sobre todo, o feito de poder ter acceso a información máis rapidamente.
Sobre estas bases, asentamos unha reunión moi entretida e interesante, entorno a dous libros aparentemente diferentes, pero parece ser que todo ten relación nisto da lectura.
Ese mesmo día, acordamos visitar unha librería pra escoller o próximo libro que iamos leer.
A librería escollida foi Mendinho, que onde a biblioteca merca algúns dos libros que ten. Así pois, o xoves 29, a iso das 12, saimos do instituto rumbo a esta librería.
O chegar, o dono, moi amable, deunos unha pequena charla sobre como funcionaba a librería e sobre os problemas de almacenar tanto libro novo que sae. Logo estivemos uns minutos fozando nos libro que alí había, escollimos o novo libro, e volvímonos pra o instituto. Cabe mencionar que os donos regalaronnos uns libros a cada un de nós, un xesto que lle agradecemos e lle damos as gracias.
Como se pode ver, foi unha semana moi entretida, chea de actividades. Pouco a pouco imos facendo máis cousas, é o clube empeza a coller ritmo, cousa boa.
Con isto dou por rematada esta crónica.

29/01/09

Aviso.

En breve publicaremos a noticia da reunión do luns e da visita a librería.

Desculpen as molestias.

23/01/09

Próxima sesión

O luns 26 de xaneiro teremos a sesión do club de lectura. Falaremos de O único que queda é o amor e de El pequeño gran libro de la ignorancia. Ademáis prepararemos a visita que na primeira semana de febreiro nos fará Agustín Fernández Paz.
Non esquezades traer a comida.

20/01/09

O único que queda é o amor


"O único que queda é o amor"  é unha das máis premiadas obras do escritor Agustín Fernández Paz pois foi galardonada co  "Premio Nacional de literatura Infantil e Xuvenil 2008", "Premio Xosé Neira Vilas ao libro do ano 2007" e co "Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2007".

Esta obra está constituída por un conxunto de relatos curtos que presentan un trazo en común: en todos eles aparece presente o tema do amor. Xa sexa como un recordo daquela etapa da xuventude que semella estar xa tan lonxana, como unha dor debida a perda  dos causantes deste sentimento ou como a ilusión que nos seus comezos ven ligada a el.

Un libro para todos aqueles que nalgún momeno da súa vida foron vítimas do amor, para aqueles que forxaron todos os seus soños neste sentimento e para aqueles que inspiraron as súas obras, ao igual que este escritor, nel.


E cando me decato de como imos pasar por este
mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas 
estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único
que queda é o amor.

ORHAN PAMUK: Neve






08/01/09

Lecturas polas aulas

No día antes de Nadal fomos polas aulas de primeiro e segundo a obsequiar ao alumnado coas nosas lecturas. Esperamos que vos gustasen. A nós gustáronnos os aplausos e esperamos repetir.


04/01/09

Novidades do club

O noso club de lectura ven de conseguir, por segundo ano consecutivo, unha subvención que nos vai permitir levar adiante o noso proxecto. Lembramos que no mes de xaneiro teremos a nosa segunda sesión arredor dos libros propostos (O único que queda é o amor / El pequeño gran libro de la ignorancia). Ademáis falaremos das outras lecturas que vós fixestes e das que teñades algo que comentar.

Como novidade, e para ir entrando en materia, acabamos de abrir o noso grupo de correo, para que poidamos ir iniciando os debates.