28/01/08

Fran Alonso naceu en Vigo no ano 1963.
É escritor, filólogo, xornalista e editor.
Foi colaborador do Diario 16 de Galicia e La Voz de Galicia.
Actualmente colabora no semanario A Nosa Terra e no suplemento Luces do diario El País.
Ten colgado na rede o blog Cabrafanada.
Ten premios:
- Blanco Amor de Novela.
- Losada Diéguez á mellor obra literaria de 1998
- Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil ao mellor libro do ano.
- A distinción White Ravens da Biblioteca Internacional de Múnic.
Como narrador publicou:
- Tráiler (1991).
- Cemiterio de elefantes (1994, 2007).
- Silencio (1995).
- Territorio ocupado (1998).
- O brillo dos elefantes (1999).
- Males de cabeza (2001).
- Cartas de amor, (2006).
- A vida secreta de María Mariño (2007).
- A lúa no probador (1992).
Como poeta:
- Persianas, pedramol e outros nervios (1992).
- Tortillas para os obreiros (1996).
- Cidades (1997).
- Subversións (2001).
- Balada solitaria (2004).
- Poetízate (2006).
E autor do álbum ilustrado A casa da duna (2002).
Información extraida da páxina www.xerais.es.

24/01/08

Soy leyenda, do libro á película

Hoxe decidiuse na reunión que fixemos no recreo ir ao cine a ver películas basadas en libros, por iso eu vou facer un comentario sobre o libro e a película "Soy Leyenda".
Que dicir que o libro esta moi ben, e conta unha historia do último home da terra, un traballador normal, último supervivinte dunha pandemia que trasformou á xente en vampiros. O protagonista Robert Neville, sufre acoso dos vampiros e busca nas bibliotecas como acabar coa plaga, ademais reflexa moi bem o que sinte unha persoa que esta completamente soa sen ninguén , a sua soidade desesperación e esperanza.
A película prometía moito, e os trailers deixaban entrever unha gran adaptacion, pero...
Presuposto extratosférico e Will Smith de protagonista, que podía fallar? Pois si, a pesar de basarse nun libro o argumento foi ridiculamente estúpido. Pasaba que cambiaran a cidade, que o prota non fose branco e bo, que tivese un can, pero a película peca pola sua falta de profundización no persoaxe central, que ademais era cientifico importante e controlaba de virus e un final coma sempre deses onde EEUU salva o mundo, o libro acaba como debe acabar, na película salva á humanidade. Como en todas as superproduccións americanas: presuposto de vértigo, actor protagonista coñecido e argumento chorra.
Agardo que as películas que vexamos sexan millores, porque os medios pra facer boas adaptacións téñenos.

E con isto dou por rematado este artigo, que agardo non desagrade ós que o lean.


Escrito por Pablo.

18/01/08

Iris presenta obra no teatro Rosalía de A Coruña

A nosa alumna Iris Darriba Quesada, de 2º de bacharelato, integrante do club de lectura, outra activista da biblioteca dende que apareceu por aquí en primeiro de ESO, colaboradora desinteresada, gañadora do concurso de biblioteca "A ilustración do ano", vai ver recompensado un dos seus traballos: un corto de animación a plastilina.
O próximo sábado 19, ás 12.00, o teatro Rosalía de A Coruña abre as súas portas para un concerto didáctico da Orquesta Sinfónica Galega, que interpretará a banda sonora de "O Señor dos Aneis" con xogo de luces e imaxes. As imaxes proxectadas son 5 pasaxes da obra. Unha destas pasaxes é o corto de animación feito con plastilina por Iris.
Noraboa Iris. De aquí ós Oscar.

17/01/08

CARTAS DE AMOR

O noso próximo punto de encontro vai ser o libro "Cartas de amor", do escritor vigués Fran Alonso.
Non son cartas de amor convencionais.
O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben.
Os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración...

Esperamos ter axiña unha xuntanza con el para falar deste fermoso libro cheo de experiencias humanas e de amor á vida.

08/01/08

Beni dijo...

Moitas grazas, Sole, por recomendar este fermoso libro cheo de ensinanzas para o presente.