24/11/07

Primeiras páxinas

Son sorprendentes os personaxes que case se poden ver n'O nome da rosa... novicios curiosos, beneditinos dectetivescos, cabalos veloces e abades preocupados. As paredes de pedra parecen rezumar historia e o contexto non podería ser máis axeitado. Non podo escribir máis porque o tempo non me deixa.

17/11/07

"O banquete" non é o que parece

- O libro para este trimestre será "O banquete", de Platón.
Pensamos que afogabamos. Pois non, "O banquete" non é o que parece. É unha clave básica para poder comprender de onde sacan os libros de texto e as enciclopedias tantos datos sobre a Idade Antiga. Contén múltiples aspectos sobre a vida nunha polis da Hélade: filosofía, costumes, relacións sociais, ocio, traballo, a sociedade, a relixión, mitos... innumerables datos -como xa dixen- que fan d' "O banquete" un libro rico en matices sobre unha parte importante da Historia. E sorprendentes semellanzas coa nosa cultura, como o mito da media laranxa, na que moitos aínda cren...
Aínda que sexa de Ciencias, sei apreciar o valor dun libro, e este, aínda que pareza complicado, non o é. Anímovos a todos a lelo e a poñerlle un pouco de empeño, porque un libro, sexa como sexa, é un libro.

16/11/07

CREPÚSCULO

Ainda que sexas da clase de persoas ás que no

11/11/07

Entrevista con Umberto Ecco, extraida de "LA REPUBBLICA"

- Que é o que non sabemos todavia do "Nome da rosa"?

- ... recordo que pasei un ano enteiro sen escribir unha soa liña. Lía, facía debuxos, diagramas, en suma, inventaba un mundo. Debuxei centos de labirintos e plantas de abadías, baseándome noutros debuxos, e en lugares que visitaba.

- ¿Por que esa esixencia visual?

- Era un xeito de tomarlle confianza ao ambiente que estaba imaxinando. Por exemplo, necesitaba saber canto tardaban dous personaxes en ir dun lugar a outro. E iso definía tamén a duración dos diálogos que, por outra banda, non estaba tan seguro de poder lograr.

- Entendo os lugares, pero por que debuxar tamén aos monxes da abadía?

- Necesitaba recoñecer aos meus personaxes, mentres os facía falar ou actuar, pola contra non sabería que facerlles dicir.

- No fondo, fixo unha operación análoga algúns anos despois co "O nome da rosa". Por que elixiu ese título?

- Era o último dunha lista que incluía entre outros "A abadía do delito", "Adso de Melk", etcétera. Todos os que lían a lista dicían que "O nome da rosa" era o mellor.

- É tamén o peche da novela, a cita latina.

- Que eu inserín para despistar ao lector. Pero o lector o que fixo foi seguir todos os valores simbólicos da rosa, que son moitísimos.

- A imaxe da rosa termina a novela. Pero o verdadeiro problema para un escritor, sobre todo se é debutante, é como iniciala. Con que disposición mental, con que dúbidas púxose fronte á primeira páxina.

- Nun primeiro momento a idea era escribir unha especie de novela policiaca. Despois, deime conta de que as miñas novelas nunca empezaron a partir dun proxecto, senón dunha imaxe. E na imaxe que se me aparecía recordábame a min mesmo na "Abadía de Santa Escolástica", fronte a un atril enorme onde lía as "Acta Sanctorum" e divertíame como tolo. De aí a idea de imaxinar a un benedictino nun mosteiro que mentres le a colección encadernada do manifesto morre fulminado.



06/11/07

Frases de Umberto Eco:

"O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le".

"Hai libros que son para o público e libros que fan o seu propio público".

"Hoxe non saír en televisión é un signo de elegancia".

"A maquinaria que permite producir un texto infinito cun número finito de elementos existe desde hai milenios: é o alfabeto".

"Os libros son esa clase de instrumentos que, unha vez inventados, non puideron ser mellorados, simplemente porque son bos. Coma o martelo, o coitelo, a culler ou a tesoira".

cisterciense


Máis cousas


franciscano

Interésalle profundamente Sherlock Holmes e participou no libro que trata sobre a técnica deductiva do detective, O signo dos tres: Dupin, Holmes, Peirce, ademais atopamos diversas referencias a Arthur Conan Doyle e ós seus personaxes en moitas das súas novelas, principalmente en O nome da rosa.

É considerado tamén un “bondólogo”, expresión creada para designar ó experto en James Bond. É un destacado estudioso do axente secreto 007, o famoso personaxe creado por Ian Fleming. Sobre Bond escribiu "Il Caso Bond" (The Bond Affair) (1966), con Oreste Del Buono.

Sabes que:

Umberto Eco naceu en Alexandría,Piamonte, Italia, o 5 de xaneiro de 1932. É filósofo, semiólogo e novelista. Doutor Honoris Causa por 25 universidades do mundo e Premio Príncipe de Asturias de Comunicación no ano 2000.

Fíxose popular a través de dúas novelas, O nome da rosa (1981) e O péndulo de Foucault (una conspiración secreta de sabios, construida en torno a temas esotéricos). (1988)

05/11/07

Libro do trimestre

"O nome da rosa" de Umberto Ecco.