27/06/22

 


 PRESENTACIÓN DO LIBRO 

 IMAXES ROUBADAS de NONES ARAÚJO







Este mes de maio tivo lugar a presentación para os alumnos de 1º de Bacharelato do libro IMAXES ROUBADAS, pola súa autora Nones Araújo, ex profesora de lingua española do noso centro.

Os relatos de IMAXES ROUBADAS están inspirados por obras de arte imprescindibles.

A autora foi combinando a proxección de imaxes das obras  cos fragmentos dos relatos relacionados.







 

XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA


O venres 10 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela  a última edición  das Xornadas dos Clubs de lectura.
Os ponentes falaron da súa experiencia e aportaron material que pode ser interesante para utilizar na biblioteca o vindeiro curso.
Asistiu a nosa coordinadora dos Clubs de lectura: Ana López.















23/06/22

 

SAÍDA DOS CLUBS DE LECTURA

Esta semana os alumnos dos clubs de lectura visitaron Celanova, acompañados de algunhas profesoras.
Puideron visitar a Casa dos poetas e o Mosteiro de San Rosendo.













Logo disfrutaron da comida nunha área recreativa, antes da visita a Aquis Querquennis de Bande, con paseo polas ruinas do campamento romano.
Pola tarde visitaron a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e remataron a xornada cun baño nas Termas de Outariz en Ourense.
















 


IMAXES ROUBADAS de NONES ARAÚJO



O luns 21 de xuño tivo lugar na biblioteca a última sesión do Club de lectura deste curso.
 Comentamos o libro  IMAXES ROUBADAS de Nones Araújo e ademais contamos coa presencia da autora ( antiga profesora de Lingua Castelá do centro).







15/06/22

     

 

 

A CIDADE DO  ÁTOMO de IRIA MISA



Unha nova sesión do Club de lectura dos pequenos, neste caso conducida pola profesora Chus Campos de Física e Química, co libro: A cidade do átomo de Iria Misa.

Esta é a reseña elaborada por dúas alumnas de 1º ESO, membros do club: Mónica Ródriguez Illanes e Claudia Pintos Labajo:

A cidade do átomo é un libro moi interesante, que fai que te decates que na vida non é todo de cor de rosa e que tamén pasan cousas malas.

Gustáronos moito os temas tratados, por exemplo, fálase do acoso que sofre a protagonista: Lena. Tamén fala de machismo, xa que aínda que a nena é a irmá maior , o seu irmán pequeno é o xefe. O desenlace do libro é un pouco precipitado e sabe a pouco pero polo demais encantounos e o recomendamos con encarecemento.

Agora, falando das sesións nas que nos reunimos co club de lectura, foron momentos moi divertidos. Os profesores que viñeron a falar do libro, en todos os casos foron súper simpáticos e portáronse moi ben con todos nós. Falamos do libro, fixemos preguntas se non entendiamos algo e pasámolo xenial.