21/01/23

 

LIBROS DE LECTURA PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

(2022/23)

O luns, 13 de febreiro, 6ª hora de ler, xuntarémonos para comentarmos estes dous interesantes libros.





O señor Ibrahim e as flores do Corán, escrito por Éric-Emmanuel Schmitt e traducido ao galego por Emma Lázare Rodríguez, será o libro de lectura para 1º e 2º ESO.









Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e pola experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un achega vitalidade; o outro, sabedoría.



Para o grupo de 3º e 4º ESO e 1º BACH escolleuse Os rapaces non calcetan, do autor británico T. S. Easton, traducido ao galego por Moisés Barcia.




       

Aos seus 17 anos, Ben Fletcher vese obrigado a ofrecer servizos para a comunidade logo dun desafortunado incidente que case o leva a ingresar nun centro de menores. Deste xeito, Ben descubrirá unha afección que o levará polo bo camiño. A profesora que lle gusta leva un club de calceta, así que Ben, de mala gana, decide inscribirse nesta actividade. Para a súa sorpresa, o mozo descobre que lle gusta tecer e intenta mantelo en segredo ante os ollos dos seus compañeiros, mentres a rapaza dos seus soños revela os seus sentimentos cara a el.

 

             Comentarios do alumnado          O CORAZÓN DE XÚPITER



O corazón de Xúpiter é un libro que incita o lector/a a lelo desde o primeiro momento.

Tamén trata temas actuais, como o acoso escolar, o amor non correspondido, a homosexualidade e os perigos dos chats de Internet.

Para rematar, teño que dicir que é un gran libro e recomendó a súa lectura.

Carlos (2º ESO)







Para min, este libro é moi interesane, xa que trata un tema que hoxe en día está moi de actualidade: os perigos de falar con persoas a través de Internet. Atraeume moito a forma en como o trata.

E tamén me gustou que o libro non se me fixo nada pesado; pola contra, foime moi fácil de ler e foi un dos libros que me enganchou pola súa trama.

En conclusión, recoméndovos que o leades.

Noa (2º ESO)









O corazón de Xúpiter é un libro moi entretido que trata de concienciar a xente nova de que non falen con descoñecidos.

É un libro moi interesante e fácil de ler. Recomendo a súa lectura.

Lucas (2º ESO)



O corazón de Xúpiter gustoume porque van ocorrendo distintas cousas e vas querendo saber máis, como quen é Xúpiter. Con todo, o final non me gustou xa que Isla morre e non termina con Anxo.