19/02/08

Preparamos a visita de Fran Alonso

O pasado xoves 7 de Febreiro, os que puidemos do club de lectura celebramos unha sesión preparatoria da visita de Fran Alonso do día 14 para falarnos da súa obra "Cartas de Amor". Participou tamén neste coloquio como invitada a Vicedirectora e profesora de galego Marisa Andrade.
Comezamos falando do estilo das cartas, do estrano que resulta que estean escritas por un home pero todas as protagonistas sexan mulleres. Abordamos temas como a emigración, o racismo... e principalmente da situación das mulleres, sobre todo cando non disfrutan de independencia económica que lles permita non ter que soportar situacións de inxustiza ou de maltrato físico ou psíquico. Quedamos de trasladarlle ao escritor algunhas preguntas sobre como abordou estes temas.


Entrevista a Iris Darriba

Iris Darriba é a autora dunha curtametraxe de animación a plastilina acompañada pola música do Señor dos Anéis. Iris, alumna do Ies Alexandre Boveda, xa comenzara fai anos a colaborar en concursos de ilustración que organizaba a biblioteca do instituto. O seu talento evidente, veuse agora ben recoñecido no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña. Moitos alumnos galegos puideron disfrutar xa desta proxección didáctica.


- ¿Cando a veremos nós?
- Pois é algo difícil por que a obra eu non a teño. Teño os fotogramas sen montar.
- ¿Recordas cando empezaches a interesarte por este tipo de actividades?
- Foi en 4º da ESO por un traballo que tiven que facer cun amigo. Había que facelo por escrito ou por vídeo, decidín encangarme de facer unha pequena presentación. Curta e pequena.
- ¿É difícil entrar neste mundo?
- Eu aínda non entrei! –risas- pero bueno, sí.
- ¿Consideras as actividades que organiza a biblioteca axudáronte en algo?

- Si, por que estar con xente creativa axuda a facer cousas.
- Na entrevista de Faro mencionan “e cunha enerxía e madurez quizáis un pouco sorprendente nunha alumna de segundo de bacharelato.... ” crees que a xente da túa idade é desinteresada ou pouco creativa?
- Iso depende de cada persoa, pero polo xeral a xente da nosa idade pasa olímpicamente de todo- máis risas.
- ¿Estás ti no grupo dos creativos?
- Si- xesto divertido.
- Foi sorte, casualidade ou destino merecido que che ofreceran este traballo?
- Casualidade. Eu coñezo o mozo que tiña que facer este traballo, entón el como vira un traballo meu decidiu aceptarme. Propoñerme o curto.
- O Señor dos aneis, ¿e unha das novelas máis importantes do século XX, que sentes?
- Moi friki! –risas- o certo é que fíxeno como me deu a gana por que dixenme “Cómo é Gandalf?” Vai a cabalo branco, coa súa capa e demáis cousas… “Pois vou poñerlle o que me dea a gana” entón o vestín con un gorro hortera e un cabalo medio pirado… e dicir, fixen o meu propio Gandalf.
- Cando a Sinfónica acompañou a túa obra, ¿qué sentiches?
- Estaba sentada no palco e tiña toda a pantalla diante e a orquestra debaixo. Foi impresionante e estaba impaciente por que o puxeron ó final e estaba todo o rato “¡Ai Deus que non o van a proxectar!”. O final foi máxico ver o meu traballo exposto diante de centos de persoas e os nenos murmuraban “Buaaa… plastilina!”
- Finalmente, por insitencia de Beni, ¿seguirás colaborando coa biblioteca?
- Pois gustaríame moito seguir colaborando cando me vaia do instituto. Téñolle cariño, levo moito tempo, fun das primeiras colaboradoras.
- Moitas grazas Iris, xa tes dous admiradores.

Por Juan Carballo e Pablo Carrera.

07/02/08

X. L. MÉNDEZ FERRÍN.- PERCIVAL e outras historias.

A cancela.

Todo o que vou escribir arastora pasóu porque il -O. Phea, obreiro- tivo que, ano tras ano, perante dazaoito, facer o mesmo camiño, pola mesma estrada, e dacabalo da mesma bicicleta. Se il non fora obreiro e non vivira no arrabaldo gris, a carón da estrada -de piche- non tería que ter percorrido endexamáis o anaco de estrada que está limitado pola porta da súa casa e pola porta da súa fabrica. Por isto de tanto ir á fábrica e de tanto vir -sempre o mesmo alcipreste, coma un coitelo- pasoulle todo o que lle pasóu. Foi asín:

O. Phea penduróu do cadro da bicicleta a pota co xantar, ben envolta en papés de xornal. Miróu pra os zocos mollados e pra o ceo azul, sorríu e pensóu:

- Qué sorte teño! Hoxe non chove, que onte púxenme coma un pito...

Despois xa ía a pedalear de vagariño -que é como andan os traballadores en bicicleta- pola estrada asfaltada. E, súpeto, o alcipreste da dereita. Il chasqueóu a língoa e coidóu pra sí que era unha vergonza que os alciprestes non se puxeran de ves en cando ao revés, por variar. Seguíu a andar e chegóu a fábrica, como chega sempre, despóis da casiña arruinada, do aserradeiro, do xardín raquítico...

Outro día calquera O. Phea voltóu a montar na bicicleta. Ia de mal humor, rifara coa muller. Xa meiado o camiño dixo:

- ¡Que noxo!

Dixo isto porque, ao dar precisamente aquela volta, tiña que atopar o muro baixo que, anos atrás, estaba espido e que, agora, comenzaba a estar espido outra vez, coa morte do gran pé de edra -de aquil pé que non deixara que o sol lambese as pedras do muro perante oito veraos-. Precisamente agora..., ao dar volta, tiña que atopa-lo muro baixo de sempre. Pero ... -O. Phea freóu e puxo a chanca esquerda no piche- alí non estaba xa o muro.

- ¡Pero se aínda estaba onte...!

É o mesmo, hoxe non estaba alí o muro. Estaba, si, onte, pero hoxe non estaba alí o muro. E, no seu sitio, habia unha estradiña estreita, de area branca, firme e calcada; polas beiras, o grande aucalito repetía cen veces a imaxe da súa especie.

-¿Aónde irá a estradiña? ¿Quén a faría?

Pola noite O. Phea escribiulle ao seu fillo unha carta. Xa lle tiña escrito moitas, pero debéranse perder todas porque il -o fillo de O. Phea- non contestara a ningunha. Decía asín a carta:

"Querido fillo:
Hoxe fun ao traballo e non atopéi a muradella da edra. Non sei como agora hai alí unha estradiña moi feita e moi xeitosa. Cando ti eras pequeno gostábache moito xogar na estrada, i eu non che deixaba, polo dos coches. Por iso lembreime de que se ti foras pequeno i estiveras eiquí, eu habíate levar pra que xogaras na...".

O. Phea rachóu o papel. A súa muller berráralle dende a cama:

- Vente deitar..., ¿oes? ¡Estas a gastar un mundo de lús pra nada!

Foron tres días que o obreiro paróu a bicicleta dediante da estradiña, e foron tres os días que o obreiro pasóu a coidar aónde iría a estradiña de area que por diante morría en dúas paralelas de eucalitos, e por trás... ¿Onde morría por trás? Decidíu sabelo ao carto día. O. Phea torcéu decididamente, e pedaleóu polo medio das fías de aucalitos. Istes eran outos, cada vez máis outos e a lús era por vegadas menos. O obreiro pedaleaba arelante, con forza, tiña que sabe-lo fin..., o fin da estradiña. E, a un relanzo, abríuse o fin: unha cancela. Si -O Phea freóu súpeto- non era máis nada. Unha cancela vella e podre. As madeiras cruzabanse sen s

Séchu Sende

Xosé Luis Gonzaléz Sende naceu en Padrón en 1972.

2003 premio Blanco Amor de novela con "Orixe".
2007 publica o libro de relatos "Made in Galiza"

Made in Galiza é un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos

MADE IN GALIZA. Sénchu Sende

O CABALO E A NÉBOA

O cabalo era gris e agardaba por min. Cando cheguei ao río, atrás viña a morte cun xersei arco da vella e un machete na man. Tres libélulas negras volvéronse azuis, eu subín ao cabalo manso como a néboa e entramos no río para cruzar a corrente. O cabalo mollado brillaba como un ferro e a morte na ribeira miroume con ira. Exclamou o meu nome coa estridencia dun porco e eu avancei devagar de cara á liberdade. Vin tres mulleres chorar na beira de enfronte, e entre elas estaba a muller que eu amo. O noso amor é máis forte que o amor dos soños. Choraba o meu nome vestida de azul, alongando as mans como ao deitarnos xuntos, e arrincábase o pelo como se estivese louca. Eu lembrei a lenda do cabalo de néboa e o cabalo fitoume por un ollo de sangue; a súa pel prateada transformouse en brétema, pola metade fendeu e disipouse no río no brumeiral na néboa no val da morte. Atoparon o meu corpo aboiando ao pé do arco iris.

28/01/08

Fran Alonso naceu en Vigo no ano 1963.
É escritor, filólogo, xornalista e editor.
Foi colaborador do Diario 16 de Galicia e La Voz de Galicia.
Actualmente colabora no semanario A Nosa Terra e no suplemento Luces do diario El País.
Ten colgado na rede o blog Cabrafanada.
Ten premios:
- Blanco Amor de Novela.
- Losada Diéguez á mellor obra literaria de 1998
- Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil ao mellor libro do ano.
- A distinción White Ravens da Biblioteca Internacional de Múnic.
Como narrador publicou:
- Tráiler (1991).
- Cemiterio de elefantes (1994, 2007).
- Silencio (1995).
- Territorio ocupado (1998).
- O brillo dos elefantes (1999).
- Males de cabeza (2001).
- Cartas de amor, (2006).
- A vida secreta de María Mariño (2007).
- A lúa no probador (1992).
Como poeta:
- Persianas, pedramol e outros nervios (1992).
- Tortillas para os obreiros (1996).
- Cidades (1997).
- Subversións (2001).
- Balada solitaria (2004).
- Poetízate (2006).
E autor do álbum ilustrado A casa da duna (2002).
Información extraida da páxina www.xerais.es.

24/01/08

Soy leyenda, do libro á película

Hoxe decidiuse na reunión que fixemos no recreo ir ao cine a ver películas basadas en libros, por iso eu vou facer un comentario sobre o libro e a película "Soy Leyenda".
Que dicir que o libro esta moi ben, e conta unha historia do último home da terra, un traballador normal, último supervivinte dunha pandemia que trasformou á xente en vampiros. O protagonista Robert Neville, sufre acoso dos vampiros e busca nas bibliotecas como acabar coa plaga, ademais reflexa moi bem o que sinte unha persoa que esta completamente soa sen ninguén , a sua soidade desesperación e esperanza.
A película prometía moito, e os trailers deixaban entrever unha gran adaptacion, pero...
Presuposto extratosférico e Will Smith de protagonista, que podía fallar? Pois si, a pesar de basarse nun libro o argumento foi ridiculamente estúpido. Pasaba que cambiaran a cidade, que o prota non fose branco e bo, que tivese un can, pero a película peca pola sua falta de profundización no persoaxe central, que ademais era cientifico importante e controlaba de virus e un final coma sempre deses onde EEUU salva o mundo, o libro acaba como debe acabar, na película salva á humanidade. Como en todas as superproduccións americanas: presuposto de vértigo, actor protagonista coñecido e argumento chorra.
Agardo que as películas que vexamos sexan millores, porque os medios pra facer boas adaptacións téñenos.

E con isto dou por rematado este artigo, que agardo non desagrade ós que o lean.


Escrito por Pablo.

18/01/08

Iris presenta obra no teatro Rosalía de A Coruña

A nosa alumna Iris Darriba Quesada, de 2º de bacharelato, integrante do club de lectura, outra activista da biblioteca dende que apareceu por aquí en primeiro de ESO, colaboradora desinteresada, gañadora do concurso de biblioteca "A ilustración do ano", vai ver recompensado un dos seus traballos: un corto de animación a plastilina.
O próximo sábado 19, ás 12.00, o teatro Rosalía de A Coruña abre as súas portas para un concerto didáctico da Orquesta Sinfónica Galega, que interpretará a banda sonora de "O Señor dos Aneis" con xogo de luces e imaxes. As imaxes proxectadas son 5 pasaxes da obra. Unha destas pasaxes é o corto de animación feito con plastilina por Iris.
Noraboa Iris. De aquí ós Oscar.

17/01/08

CARTAS DE AMOR

O noso próximo punto de encontro vai ser o libro "Cartas de amor", do escritor vigués Fran Alonso.
Non son cartas de amor convencionais.
O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben.
Os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración...

Esperamos ter axiña unha xuntanza con el para falar deste fermoso libro cheo de experiencias humanas e de amor á vida.

08/01/08

Beni dijo...

Moitas grazas, Sole, por recomendar este fermoso libro cheo de ensinanzas para o presente.