Co inminente remate deste curso, crín convinte facer unha pequena valoración máis ou menos persoal do que resultou o Club de Lectura este ano.
E convido a todos a facer o mesmo.
Sen dubida algunha, o Club de lectura foi unha das millores creacións da biblioteca.
Como saberedes eu non fun dos primeiros en unirme, quizais sexa algo do que me arrepinto, pero o feito de estar en contacto constante cos membros de Club fixeronme ver que a idea era boa, e uninme.
Sen dúbida un gran acerto.
Sendo xa membro oficial, coñecin a unha serie de persoas que de outro xeito non chegaría a coñecer, e iso é unha das principais cousas que lle agradezo.
Logo teño que dicir que, falando xa un pouco por todos, tivemos a oportunidade de coñecer a 3 escritores e falar con eles, cantas veces se ten a oportunidade de falar cun escritor?
A ruta de Rosalía foi sen dubida a xoia da coroa deste ano, visitar todos eses lugares vinculados a escritora e ler poemas, simplemente xenial.
Prao ano unirase máis xente, cos que xa tivemos ocasión de estar o outro día, aínda que sempre botaremos de menos aos compañeiros e compañeiras de 2º de Bach que nos deixan este ano. Agardo que lles vaia moi ben.
O ano que ben tentaremos millorar este, cousa difícil.
E seguiremos obrigando aos periodicos a sacar fotos miñas! E dos demais tamén, non vos enfadedes.
Veña agardo as vosas valoracións.
Deica o ano que ben!
Pensado e escrito por Pablo.
21/06/08
19/06/08
Pechamos por vacacións
O noso club chegou ó fin de curso. Foi un ano moi interesante para este coordinador do club. É case a primeira vez que teño que scribir no blog, e só quero facelo para dar as grazas a todos e todas , que participastes de maneira tan xenerosa nesta aventura que vai deixar semente para o futuro: Sabede que temos xente facendo a pretemporada e están dispostos/as a subir ó primeiro equipo. Para o próximo curso xogaremos na "Champion-li". Grazas Pablo e Juan por ser tan productivos. Grazas David e Cristina por engancharvos. Grazas Sole por ter voz independente. Grazas Laura e Juanma por non dicir que non. Grazas Pablo F. porque esperamos recuperarte para o ano. Grazas Laura S., xa van tres anos de lecturas e o que nos queda. Pero sobre todo, de corazón, grazas ós que estes días andades de selectividade: Jorge, a voz analítica, crítica e necesaria en toda tertulia; Helena, capaz de transmitirnos que se pode ler a Platón sen morrer no intento; Iris, esa artista que fai posts en inglés. E...SUPERTERESA... esperamos que te recuperes axiña, que para o ano querémoste incordiando nas tertulias, senón non terei quen me leve a contraria.
Non estivo mal para este primeiro ano. A que non?
Agora descanso e libros, que no próximo curso imos arrear.
Non estivo mal para este primeiro ano. A que non?
Agora descanso e libros, que no próximo curso imos arrear.
21/05/08
"A CASA DOS LUCARIOS" de Teresa Moure (Monforte, 1969)Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coa cociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máis para acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e soños dos que escorregan polas fendas de madeira. Despois, Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa acrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de pezas do enxoval.
LITERATURA GALEGA

- Fin de Siglo en Palestina de Miguel Anxo Murado (Lugo 1965).
En 1998, el escritor Miguel Anxo Murado fue a Palestina enviado por las Naciones Unidas. Permanecería allí cinco años en los que vivió toda clase de situaciones dramáticas y cómicas: desde representar a Palestina en una feria internacional de turismo e presenciar atentados y bombardeos pasando por ser el portavoz oficial durante la visita del Papa. Fin de siglo en Palestina es el relato autobiográfico de aquella experiencia personal en la paz y en la guerra, un relato auténtico, tierno, en parte trágico y e incluso a veces humorístico de la vida en un país lleno de color y violencia.
19/05/08
LIBRO DO MES DE MAIO: Viaxe ao centro da terra.
Novela de Jules Verne, publicada en 1864. O profesor e xeólogo Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra comezando en Islandia guiado por un pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem. Acompáñano o seu sobriño Axel e o guía nativo Hans. Os tres entran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoico enterrado nas profundidades.
08/05/08
BOOK REVIEW: STORIES OF COURAGE (CLAIRE SWAIN)
STORIES OF COURAGE is a book which gathers a series of stories that talk about people who achieved great feats demanding great effort and courage.
Each chapter tells the story of a person. Every one of them is intense and amusing. Reading this book has been a brief but interesting experience.
Immersed in the book, I have been aware of the difficulties which all these people have been through: suffering, pain, despair... This helps me to understand how strength and courage can make a depressed, unfortunate person strong enough to carry on.
The questions that came up while I was reading STORIES OF COURAGE were: Would I be able to be so brave? Would I have put up with tortures and taken such difficult and important decisions for a human being as these people did?
The book gave me the answer: They were just normal people who were strong and firm in their decisions.
So, to sum up, I not only liked the book, but also it was easy reading and, above all, amusing and amazing.

IRIS DARRIBA QUESADA, 2º Bach. B
06/05/08
Ruta Rosalía
Un desafortunado imprevisto impediunos redactar isto con anterioridade.
O pasado mércores día 16, o club de lectura organizou a súa primeira saída. Escollemos a figura de Rosalía de Castro coma protagonista desta actividade.
Á excursión asistiron todos os membros do Club de Lectura agás Helena, que estaba triunfando na Olimpíada de Bioloxía, Jorge por motivos académicos (cousa de 2º de Bacharelato), e outros.Saímos do instituto as 9:30 da mañá e fomos primeiro a Santiago, onde visitamos a Catedral e logo o panteón de Galegos Ilustres, alí limos uns poemas de Rosalía diante da súa tumba e vimos o sepulcro de Castelao. A continuación paseamos pola alameda e voltamos ao bus. Seguimos o traxecto ata Ortoño, alí a Igrexa aínda conservaba a beleza coa que Rosalía se inspirara na súa infancia. Cerca estaba Bastabales, coa torre das campás que a poeta escoitaba dende Ortoño e que logo inmortalizou no súa famosa composición de campás de Bastavales.
En Padrón xantamos e gozamos duns momentos de relax e ledicia. Continuamos a traxectoria por un dos pazos que observamos dende lonxe. Finalmente chegamos a Casa da Matanza, onde morreu. Puidemos observar cadros, e diversas posesión que pertenceran a escritora. Xa fora, limos os poemas máis emotivos e Benigno, coa súa habitual torpeza, logrou sacar unha fotos de grupo. Antes de regresar ao instituto paramos no ceminterio de Adina, alí estivera enterrada.
Voltamos subir ao bus e xa regresamos sen ningunha pausa máis ao instituto.
Por: Pablo Carrera e Juan Carballo.

24/04/08
John Boyne
No mes de outubro a editorial Salamandra publicará "Bounty", última novela de John Boyne autor tamén de "O neno do pixama a raias".Nela revisa o lendario motín náutico da Bounty, intercambiando os papeis do heroe e o vilán.
Ata agora, nas distintas versións que se levaron ao cine, ao capitan William Bligh tívoselle por un tirano sanguinario, mentres que ao oficial Fletcher Christian tívoselle por un valente que se lle opuxo e que, ademais, encabezou a rebelión a bordo da Bounty o 28 de Abril, no Pacífico.
Juan Gelman

Premio Cervantes 2007.
Naceu en Bos Aires o 3 de maio de 1930.
Poeta e xornalista arxentino foi un dos fundadores do grupo de poetas "O pan duro" integrado por xoves militantes comunistas que propoñían unha poesía comprometida e popular.
É considerado por moitos como un dous máis grandes poetas contemporáneos, cunha linguaxe transcendente, xa sexa a través do "realismo crítico" ou do intimismo.
A ditadura arxentina impúxolle en 1976 o exilio.
Recibiu o 23 de Abril do 2008 o Premio Cervantes en Alcala de Henares coa lectura do seu discurso: "Pero aí está a poesía: de pe contra a morte"
Algunhas publicacións:
"Violín y otras cuestiones" 1956
"El juego en que andamos" 1959.
"Velorio del solo" 1961.
"Valer la pena" 2001.
"País que fue será" 2004
"Mundar" 2007
CARTA ABIERTA A MI NIETO (fragmento)
Me resulta muy extraño hablarte de mis hijos como tus padres que no fueron. No sé si sos varón o mujer. Sé que naciste...
Ahora tenés casi la edad de tus padres cuando los mataron y pronto serás mayor que ellos. Ellos se quedaron en los 20 años para siempre. Soñaban mucho con vos y con un mundo más habitable para vos. Me gustaría hablarte de ellos y que me hables de vos. Para reconocer en vos a mi hijo y para que reconozcas en mí lo que de tu padre tengo: los dos somos huérfanos de él. Para reparar de algún modo ese corte brutal o silencio que en la carne de la familia perpetró la dictadura militar. Para darte tu historia, no para apartarte de lo que no te quieras apartar. Ya sos grande, dije.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)