09/02/25

TERCEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS MAIORES
INFAMIA DE LEDICIA COSTAS






Nesta ocasión a sesión foi levada polo profesor de Filosofía, Giuseppe Branca.

Esta novela, fala con  ritmo trepidante das emocións,  trata sobre a violencia sobre as mulleres e tamén sobre a infancia. pero é tamén unha narración chea de luz e de esperanza á que aferrarse.

Os participantes conversaron sobre diferentes aspectos da novela, todo iso acompañado dun  saboroso almorzo.








 TERCEIRA SESIÓN DO CLUB DE   LECTURA   DOS PEQUENOS

                             VAICHE BOA DE P. JENNINGS


Nesta ocasión os participantes leron Vaiche boa de Paul  Jennings.




Unhas historias alucinantes, contadas con moito humor.









A sesión foi levada por a profesora de Francés e coordinadora do Club de lectura, Mer Perez.

O alumnado despois de conversar en xeral sobre o libro e as diferentes historias, centrouse na historia que máis lle gustou para elaborar xuntos este cartaz final.

12/01/25

 


SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS MAIORES


CABALOS E LOBOS de FRANCISCO PEREZ LORENZO




O martes 17 de decembro tivo lugar a segunda reunión do Club de Lectura dos maiores para falar sobre a novela de Francisco Pérez Lorenzo, Cabalos e Lobos. Levou esta sesión o profesor de Música, Humberto Carballo.

A protagonista desta novela, Paula Beckman, tentará arroxar luz sobre o escuro pasado familiar como principal herdanza para o seu fillo Thomas. A nai de Paula móstrase reticente a construír un relato fidedigno e veraz sobre a realidade da familia dende a súa chegada a Vigo dende Alemaña, máis o tío Álvaro escríbelle unha longa carta a Thomas na que desenmaraña o fío familiar, mostrando unha realidade que ata aquel preciso instante estaba distorsionado no imaxinario de Paula. 

En Cabalos e Lobos trátanse, dende un prisma cambiante (partindo dende comezos do S.XIX ata a actualidade), temas tan importantes na formación do alumnado como son a violencia de xénero ou a homosexualidade, aportándonos unha visión ampla de como estes temas foron evolucionando e os avances conseguidos no transcurso dun século. Malia este avances, por desgraza, non podemos falar de que sexan temas totalmente superados pola sociedade actual, de aí a importancia de facer esta reunión con mozas e mozos para abrir un espazo de reflexión e análise.







 


SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA 

PALABRAS DE AUGA de MARCOS CALVEIRO




O martes 17  de decembro tivo lugar a segunda sesión do club de lectura dos pequenos, levada pola  a profesora de Lingua e literarura galega, Lorena Seijo.








Falouse das diferenzas entre a vida  do neno africano protagonista e a nosa vida, das dificultades coas que se atopa ao largo do seu periplo para atopar auga e comida e como vai pasando de neno a adulto.
A narración resultoulles dífícil sobre todo pola riqueza léxica. A charla resultou moi proveitosa arredor dunha pequena merenda.







Para finalizar o alumnado traballou sobre o léxico elaborando un glosario suahili-galego.











17/11/24

 


PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS PEQUENOS


A PUNTA DE PISTOLA de FRAN ALONSO



O luns 11 de novembro, xuntáronse os participantes do club de lectura dos pequenos para falarmos  desta trepidante historia de Fran Alonso.

Por unha banda, unha parella de delincuentes de pouca monta que secuestran a punta de pistola aos seus fillos,  nun centro de acollida.

Por outra banda, a historia dunha camioneira emprendedora, e admiradora da primeira muller en conducir un camión: a fisterrá Celia Rivas.

As dúas historias xúntanse ao final da narración nun desenlace inesperado.

Falamos dos personaxes, do papel da muller no mundo laboral e algúns ilustraron deste xeito a lectura, como non, degustando unhas lambetadas , que xa era case a hora da merenda.












 


                                                  CURSO 2024-2025

PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS MAIORES


               A MADRIÑA de NONES ARAÚJO





O luns, 4 de novembro, tivemos a nosa primeira reunión do Club de Lectura de maiores para comentar a novela de Nones Araújo, A madriña, unha novela ,en gran parte autobiográfica, sobre a emigración, pero dende a perspectiva dos nenos que quedaban aquí, ao cuidado dos avós ou, como neste caso, da madriña. A emigración a América, en concreto a Venezuela, imaxinada polos que reciben esas cartas de ultramar, esas postais e eses agasallos. Unha realidade recente e dura, a pesar de ser contada desde a perspectiva dunha nena, con todo un futuro por diante.

Engaiolounos a narración e a descripción da madriña, ese personaxe tan duro pero ao tempo tan complexo. Os nosos lectores e lectoras asombráronse cun mundo tan recente que aínda algúns podemos contarllo, pero ao mesmo tempo tan diferente do actual.

Pero sobre todo, tivemos o luxo de contar coa propia autora, que veu aquí a falarnos da súa obra e das súas lembranzas e animounos a todos a reunión coa súa conversa.

Grazas, Nones!
















18/06/24

 


EXCURSIÓN FINAL DE CURSO





O martes 17 de xuño saímos de excursión co alumnado dos clubs. Neste caso o club de lectura, o club de manga e o club de xogos.

Fixemos a travesía ata Cangas e fomos visitar o Muvi (Museo do videoxogo). O alumnado poido descubrir a historia do video xogo e logo xogar nas diferentes consolas, especialmente nas míticas Arcade.

Despois de dar un paseo e xantar a beira do mar, voltamos a Vigo.
























 


ÚLTIMA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS MAIORES


AS ALUMNAS DE PAULA CARBALLEIRA





O alumnado do club de maiores tivo no mes de xuño a última sesión de lectura, coa obra dramática

  As alumnas de Paula Carballeira. 

O alumnado xa tivera ocasión de falar desta obra, xa que previamente tivemos a visita e charla da autora.

Nesta sesión, a cargo da profesora de Lingua e Literatura galegas, e directora do noso centro: Beatriz Varandas.

Dúas alumnas:Victoria Súarez e Ángela Fernández volveron dramatizar a primeira escea da obra.







27/05/24



ÚLTIMA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS PEQUENOS


EROSKI PARAÍSO 

Para rematar o curso, o alumnado do club de lectura dos pequenos leu teatro.
A obra elexida foi Eroski Paraíso da compañía teatral Chévere.





O alumnado comentou acompañado da profesora de Lingua e Literatura galega e  directora do centro: Beatriz Varandas, moitos dos aspectos da obra, a nivel de contido e de escenificación.

Algúns dos asistentes fixeron unha lectura dramatizada de parte da obra.













De esquerda a dereita Blanca, Álex  e India