PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS PEQUENOS
A PUNTA DE PISTOLA de FRAN ALONSO
O luns 11 de novembro, xuntáronse os participantes do club de lectura dos pequenos para falarmos desta trepidante historia de Fran Alonso.
Por unha banda, unha parella de delincuentes de pouca monta que secuestran a punta de pistola aos seus fillos, nun centro de acollida.
Por outra banda, a historia dunha camioneira emprendedora, e admiradora da primeira muller en conducir un camión: a fisterrá Celia Rivas.
As dúas historias xúntanse ao final da narración nun desenlace inesperado.
Falamos dos personaxes, do papel da muller no mundo laboral e algúns ilustraron deste xeito a lectura, como non, degustando unhas lambetadas , que xa era case a hora da merenda.