04/03/25

 

CONEXIONES DE ELISABETH STEWART





Este mes a sesión de lectura dos maiores foi levada por Ana López, profesora de inglés e ex-compañeira do noso centro.



Tres adolescentes femininas nos seus mundos (tan distintos) nos permiten reflexionar sobre os modos de vida tan diferentes que temos no mundo actual.

A novela gustou moito tanto ao alumnado como a min, a conductora. 
A través da perda do móbil dunha nena canadiense, entrelázanse as historias dunha adolescente chinesa, que traballa montando teléfonos e dunha nena africana,víctima das mafias que traballan para empresas extranxeiras que explotan o coltán e minerais fundamentais para a tecnoloxía.
Cada participante no club fixo a súa reflexión e foi un gusto escoitala e ver o grado de intelixencia e a empatía que mostraron sendo tan novos.
 Comentamos moitos temas, de como os algoritmos nos van metendo nunha burbulla e van dirixindo as nosas vidas sen que nos percatemos, do sexting que exerce algunha rapazada, da presión da publicidade para cambiar de aparellos ou  de como a IA usa moita enerxía e moita auga para refrixerar eses ordenadores tan potentes. Saíron tamén temas como a presión exercida sobre os traballadores chineses, que son tratados como escravos, a contaminación sen control, as enfermidades que causa, a soidade en medio da multitude existente en China.
Comentamos o problema de  África coas armas e cos nenos soldados que son destruídos animicamente e obrigados  a cometer atrocidades, destruíndo a vida da xente local por mor dos minerais necesitados maiormente pola sociedade occidental.
Falamos tamén do traballo das ONGs, de aprender a non deixarnos levar pola opinión da maioría,de adquirir un espírito crítico. 
Con todas estas reflexións, na miña opinión, hai esperanza de futuro.
Ana López










Ningún comentario: