27/11/08

As nosas seguintes lecturas


Para o mes de Decembro, vacacións incluídas, decidimos propoñer dúas lecturas distintas. A obra literaria proposta por nós é O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, premio nacional de literatura infantil e xuvenil e anteriormente galardonado co premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil. Trátase dun libro de relatos que teñen un eixe común: o amor. Ademáis, xa vos adianto que esperamos contar co autor na nosa biblio.




A outra proposta de lectura para este vindeiro mes é El pequeño gran libro de la ignorancia, un libro que xa tivo certo éxito entre o alumnado de terceiro. Neste libro , John Lloyd (creador do concurso británico Quite Interesting) plantéxanos 200 preguntas relacionadas coa ciencia e a vida e 200 sorprendentes respostas. Como un Sócrates moderno fainos preguntas cuxas respostas acaban demostrando que só sabemos que non sabemos nada.




Quedamos en que cadaquén escollería unha das dúas, pero seguro que haberá quen se atreva con ambas.

Ningún comentario: