24/11/09

Sesión "A perla"

Moi mermada polas gripes, a semana pasada tivo lugar a nosa primeira sesión do curso. Démoslle a benvida ás novas mozas e mozos, xantamos na biblioteca e dúas horas de conversas amigables ao redor de John Steinbeck. "A perla" foi un libro que gustou, inclusp para que ao principio dixo que non, pero gustou, e proba delo son a cantidade de temas para conversar que nos proporcionou un argumento tan esquemático: a pobreza no mundo, o control impiedoso dos poderosos, o pesimismo, os interese creados, a rabexa, a impotencia, o maltrato ás mulleres, os mercados negros, o tráfico e a explotación da riqueza natural dos paises pobres, a soberbia... e de aí ao periodismo, os conflitos mundiais e outra vez o tema palestino e o comportamento de Israel, algo sempre presente desde que lemos "O señor Ibrahim e as flores do Corán". Os/as novos, de momento, atenderon, pero tomaron boa nota do fructífero destas xuntanzas e para a próxima seguro que participarán nos debates. Por decisión vosa acordouse seguir con estes grandes ( e pesimistas) autores neste trimestre, así que imos ler "A metamorfose" de Kafka, e "El extranjero" de Camus. Para o seguinte tocará ler obras dos autores galegos que nos van visitar.
Lembramos que para a próxima seremos dous máis (novos apuntados) e volvemos a invitar aos ex alumnos/as que queiran acudir, tal e como fixo Pablo nesta sesión, cousa que lle agradecemos.

1 comentario:

Yago dixo...

Moi boa entrada si señor, moi ben expresado o que estivenos a falar aquel día, por certo, poderías poñer algunhas fotos de ese día, e que con só unha non é o mesmo.
Saúdos.