28/01/10

Rosa Aneiros visitou a biblioteca

Onte, día mércores 27 de Xaneiro, nas derradeiras dúas horas a autora de Resistencia, Sol de Inverno, Eu de maior quero ser, Rosa Aneiros, entretivo a parte do alumnado da ESO cunha animada charla na que mostrou a unha Rosa moi viva e amigable. Esta muller de tan só 33 anos e xa unha autora recoñecida que, na súa corta carreira litararia leva recibidos unha chea de premios como: Premio da Fundación Caixa Galicia de Literatura, Premio Xerais de Novela 2009...

Na súa charla ela presentóusenos como unha muller que segue a sentirse una moza que nunca pensara que acadaría unha fama tan grande cunha idade tan temprana. Dunha maneira moi humilde explicounos a importancia que teñen pra ela os lectores e a forma que temos nós de interpretar as ideas que ela intenta plasmar nas súas novelas. Animou a todos aqueles ós que lle gusta escribir ou realizar algunha outra actividade artística e cultural, a perseguir os nosos soños e loitar polo que queremos. Que a dedicación e o esforzo é o que fixo que ela poidese acadar tanto éxito, que non foi cousa de sorte, que ela non é un xenio senón unha persoa moi traballadora que pasou horas e horas sobre o papel tentando redactar as idea que afloraban na súa imaxinación.

Tras falarnos de algúns dos encontros que tivo con outros lectores e das perspectivas que eles tiñan sobre o seu traballo chegou a hora das preguntas. Foi formidable a forma en que respondía ás preguntas dunha maneira sinceira que me pareceu, persoalmente, admirable. Confiounos que o seguinte libro que está a escribir pretende facelo en 1º persoa tras redactar xa en 3ª e 2ª persoa. Confesounos que para ela a 1ª persoa presentábaselle coma un reto que pretende acadar.

As preguntas remataron e a autora e xornalista pasou a firma de volumes.

Cando acabou esta tarefa amablemente aceptou que algúns dos alumnos de 4ºA lle fixesen unha curta entrevista sobre ó seu traballo.

Marta Gómez.




2 comentarios:

Yago dixo...

Unha boa entrada sobre a visita de Rosa ó instituto.
Persoalmente gustoume o modo que ten a escritora de ver a literatura, explicando que unha obra considérase verdadeiramente obra literaria cando o escritor a comparte cos lectores e lles ofrece momentos nos que disfrutar da lectura como modo de escape da vida real.
Se neste momento me preguntaran que libro recomendaría para ler, sen dúbida respondería "Resistencia".
Saúdos cordiais:
Yago

Antonio Martínez dixo...

Que soret tedes, poder compartir un bo rato con tan magífica escritora. Parbéns aos organizadores e á autora de tan estupenda crónica.